981880075
Seleccionar página

O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo participou no acto de clausura das escolas culturais do curso 2014-15, que se desenvolveu no auditorio do multiusos e consistiu nunha representación teatral e na entrega de diplomas das actividades que se desenvolveron ao longo do curso.

 

En primeiro lugar, o grupo infantil da escola de teatro municipal interpretou a obra “Unha cita incómoda” e posteriormente os profesores das distintas actividades acompañaron ao alcalde na entrega dos diplomas.

 

As actividades foron as seguintes: Teatro, mecanografía, animación a lectura, técnicas de estudo e expresión escrita, español para estranxeiros e cultura xeral, inglés, matemáticas, informática, debuxo e pintura, baile rexional, pandeireta e gaita e acordeón.

 

DSC_0018 [800x600]