981880075
Seleccionar página
Obras necesarias para a mellora da eficiencia enerxética de instalación de iluminación pública exterior no Cadro C-46 Alón de Abaixo. OBR M 16-08

Obras necesarias para a mellora da eficiencia enerxética de instalación de iluminación pública exterior no Cadro C-46 Alón de Abaixo. OBR M 16-08

Obra: Obras necesarias para a mellora da eficiencia enerxética d instalación de iluminación pública exterior no Cadro C-46 Alón de Abaixo. OBR M 16-08

Plan: Subvención Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Resolución do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), do 10 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (DOG núm. 93, do 18/05/2016).

O Concello de Santa Comba levou a cabo a execución das obras incluídas na memoria “Obras necesarias para a mellora da eficiencia enerxética de instalación de iluminación pública exterior no Cadro C-46 Alón de Abaixo. OBR M 16-08”, redactada polo enxeñeiro técnico industrial José Rúa Balado e polo enxeñeiro agrónomo Juan Carlos Trillo Morado, de data de outubro de 2016, cun importe de 17.154,41 euros e 3.602,43 euros de IVE, que ascende a un total de 20.756,84 euros; todo elo cofinanciado ao amparo da Resolución do INEGA de 10 de maio de 2016.

As obras foron adxudicadas por un importe total de 11.919,08 euros, obtendo unha baixa económica de 8.837,76 euros.

2016-11-14-cartel_alon-de-abaixo-page1

Mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias.

Mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias.

Obra: Acceso a explotacións agrarias 2016: Amenzóns – Portochán, Amarelle – Mourelle e outros

Plan: Plan Marco: mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020

O Concello de Santa Comba levou a cabo a execución das obras incluídas no proxecto “Acceso a explotacións agrarias 2016: Amenzóns – Portochán, Amarelle – Mourelle e outros” REV 01, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Juan Carlos Carballeira Rifón, colexiado núm. 7383; con data de xuño de 2016; cun importe de execución material de 88.900,00 euros, e 18.669,00 euros de IVE, ascendendo a un importe total de 107.569,00 euros; así como o control de calidade das obras executadas por un importe de 921,75 euros e 193,57 euros de IVE, que ascende a un total de 1.115,32 euros, todo elo cofinanciado ao amparo da Resolución do 25 de xaneiro de 2016, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), pola que se aproba o Plan Marco: mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.

2016-11-03-cartel-de-obras

O CONCELLO DE SANTA COMBA LICITA OBRAS POR MÁIS DE 800.000 EUROS

O Concello de Santa Comba ven de iniciar a contratación das obras incluídas no PAS 2015. Trátase de 4 obras cun orzamento global de 805.000 euros.

En concreto, as obras que se van licitan son:

1.  PAVIMENTACIÓN PORTOCARREIRO-A ILLA-FREIXEIRO-VILARNOVO-CARRETERA DE SANTIAGO

2. REHABILITACION E CONSERVACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA E DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

3. ABASTECEMENTO DE AUGA A ZONA NORTE DA PEREIRA

4. REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DA CASA DE CULTURA DE SANTA COMBA

DETALLE DAS OBRAS:

1.  PAVIMENTACIÓN PORTOCARREIRO-A ILLA-FREIXEIRO-VILARNOVO-CARRETERA DE SANTIAGO. 

O proxecto contempla un importe total de case 218.000 euros, dos cales o Concello de Santa Comba aporta 43.580,30 euros sendo o resto financiado pola Deputación.

A actuación consiste na pavimentación do vial municipal que atravesa de Norte a Sur a parroquia de Freixeiro.

Realizase un tramo en aglomerado con 5 centímetros de espesor dende a Estrada de Santiago ata as proximidades do núcleo da Illa, por ser o tramo de maior tránsito, e o resto do vial acometese con regos superficiais e de selado.

Dita actuación complementase coa pavimentación do tramo entre os núcleos de Vilarnovo e Freixeiro, incluída no POS2015, e cuxa execución se iniciará proximamente.

O proxecto inclúe, ademais da pavimentación, o limpado de cunetas, bacheo e ampliación do ancho do vial a fin de conseguir un pavimento útil de entre 5,50 e 6 metros.

2. REHABILITACION E CONSERVACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA E DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Cun importe de 165.000 euros, as principais actuacións a acometer son:

a) Rehabilitación do ximnasio (planta baixa e primeira planta), incluíndo sustitución do solo por pavimento de caucho tipo Mondoflex.

b) Ampliación do ximnasio (planta baixa) en 39 metros cadrados mediante a eliminación da zona axardinada interior e a instalación dunha cuberta.

c) Conexión cuberta entre o edificio da piscina e o pavillón

d) Instalación de caucho tipo Mondoflex na pista do pavillón, pintado interior do pavillón e creación de vestiario para árbitros baixo as gradas.

3. ABASTECEMENTO DE AUGA A ZONA NORTE DA PEREIRA

Cun importe de 235.000 euros, a actuación consiste en dotar de suministro de auga a zona norte de A Pereira.

En concreto, as actuacións centraríanse na zona habitada situada na marxe norte da estrada Negreira-Berdoias, supoñendo a instalación de case 5.500 metros de novas tubaxes.

Esta actuación complementa á obra de “Abastecemento de auga a Pereira” incluída no POS2015, consistente en instalar unha tubaxe dende Truebe, onde xa existe rede de abastecemento, con A Pereira a fin de ampliar a rede de abastecemento ata este último núcleo.

Inclúese na actuación a reposición das aceras e zonas de asfalto nas cales se instalen as tubaxes.

4. REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DA CASA DE CULTURA DE SANTA COMBA

Cun importe de 187.000 euros, o proxecto inclúe as seguintes actuacións:

a) Substitución das tellas e illamento baixo cuberta con proxectado.

b) Reposición de canalóns e baixantes (os novos serán de zinc)

c) Substitución do lucernario

d) Rexeneración da fachada con illamento térmico tipo Coteterm, a fin de impermeabilizar e mellorar a eficiencia enerxética

e) Substitución das ventanas por unhas con maior capacidade de illamento.

f) Mellora estética da entrada ao edificio revestindo a marquesiña con zinc e instalando un peche de cristal.

g) Instalación de portas automáticas na entrada ao edificio.

O prazo de execución estimado dos proxectos é de seis meses a contar dende o comezo das obras.

Podese obter máis información e consultar os proxectos no perfil do contratante do Concello de Santa Comba:

https://www.santacomba.es/categoria/s6-concello/c36-perfil-do-contratante

O Concello de Santa Comba ven de arranxar a Área Recreativa da Fervenza de Castiz.

O Concello de Santa Comba ven de arranxar a Área Recreativa da Fervenza de Castiz.

O Concello de Santa Comba ven de arranxar a Área Recreativa da Fervenza de Castiz tras os temporais do pasado inverno nos que houbo varios anegamentos causados polo rio.

O puente, varias pasarelas, pasamans e tubos descubertos pola auga, foros varios dos destrozos.

Tamen vense de construir un pequeno muro de pedra para poder conter a auga en futuros incidentes.

1 2 3 4