por Santa Comba Multimedia | Dic 19, 2018 | Información, Obras e Servizos, Sin categoría
Plan:
axudas á mellora das
infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos
puntos de atención á infancia (PAI), da Consellería de Política
Social da Xunta de Galicia.
O
Concello de Santa Comba ven de executar obras de mellora na escola
infantil municipal de Santa Comba, obra que se cofinancia coa axuda
concedida ao amparo da Orde
do 27 de xullo de 2018, pola que se regulan as bases que rexerán o
procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora
das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos
puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións
locais e se convocan para o ano 2018 (cofinanciado polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder
Galicia 2014-2020). (DOG núm. 131, do martes 10 de xullo de 2018),
Realizáronse
as obras
menores
de adecuación e mellora da escola infantil de 0-3 anos (gardaría)
municipal deste Concello de Santa Comba, de acordo coa memoria
presentada coa solicitude da axuda, denominada “Memoria
cuberta
do patio da gardaría do Concello de Santa Comba”,
cun orzamento que ascende á cantidade de 23.213,37 euros (21% IVE
incluído), redactado con data de xullo de 2018 polo enxeñeiro
técnico industrial, Jesús Manuel Mallo Puga; así como de acordo
coa resolución da solicitude.
O importe da factura referida ás obras e o financiamento é segundo seindica
por Santa Comba Multimedia | Dic 7, 2018 | Información, Obras e Servizos

Obra: Mellora de camiños municipais no Concello de Santa Comba
Plan: mellora de camiños municipais 2018-2019, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020
O Concello de Santa Comba está a realizar a execución das obras incluídas no proxecto “Mellora de camiños municipais no Concello de Santa Comba”, redactado polo enxeñeiro técnico industrial, Jesús M. Mallo Puga, con data de febreiro de 2018; cun importe de valor estimado de 69.297,38 euros, e 14.552,45 euros de IVE, ascendendo a un importe total de 83.849,83 euros; así como o control de calidade das obras executadas, para o que se ten contratado dito servizo por un importe de 2.500,00 euros e 525,00 euros de IVE, que ascende a un total de 3.025,00 euros, todo elo cofinanciado ao amparo da Resolución do 15 de decembro de 2017, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), das axudas correspondentes ao plan de mellora de camiños municipais 2018-2019, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.
A obra foi adxudicada polo importe total, IVE incluído, de 58.862,58 euros.