Plan : CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN DO PLAN DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA NOVA EXPERIENCIA ENOGASTRONÓMICA E INCREMENTO DA COTA DE MERCADO DO DESTINO TERRAS DE SANTIAGO NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA NEXT GENERATION EU
Normativa: Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas financiadas ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026 e se convocan as correspondentes ao ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E) (DOG núm. 19, do mércores 29 de xaneiro de 2025).
O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no Plan Camiña rural 2025–2026, cofinanciadas ao amparo da citada Resolución do 30 de decembro de 2024, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), para a concesión das axudas correspondentes ao Plan Camiña rural (que ten por obxecto actuacións de ampliación, mellora ou mantemento cos camiños municipais e que dean acceso, en calquera punto do seu trazado, cando menos, a dúas parcelas agrícolas), agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.
As obras comprendidas en dito Plan Camiña rural 2025 – 2026 son as comprendidas no proxecto que se indica a continuación:
1.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS NAS PARROQUIAS DE ALÓN, SAN SALVADOR DE PADREIRO, MALLÓN E A PEREIRA”, cun valor estimado de 91.750,65 euros e 19.267,64 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 111.018,29 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de febreiro 2025 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG
As obras comprendidas en dito proxecto foron aprobadas por Decreto de alcaldía núm. 1025/2025, do 09 de xullo; e foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1441/2025 do 25 de setembro, á mercantil Construcciones Ponciano Nieto SL, pola cantidade de 102.703,02 euros euros (I.V.E. engadido), cunha baixa/economía de 8.315,27 euros respecto do orzamento base de licitación.
O contrato administrativo foi formalizado e asinado electronicamente con data de 30 de setembro de 2025.
Asemade, ao abeiro do Plan Camiña rural 2025 – 2026, subvenciónase a contratación do Servizo de Control de calidade das obras.
Este servizo foi adxudicado por Decreto de alcaldía núm. 1391/2025, do 16 de setembro, á empresa “EUROTEC SL”, pola cantidade de 2.652,32 euros (I.V.E. engadido), o que supón unha baixa económica de 9,68 euros.
Obras: Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas
Plan: Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E). (DOG núm. 18, do xoves 25 de xaneiro de 2024).
O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025, cofinanciadas ao amparo da citada Resolución do 19 de decembro de 2023, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), para a concesión das axudas correspondentes ao plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.
As obras comprendidas en dito Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024– 2025 son as comprendidas nos proxectos que se indican a continuación:
1.- “PROYECTO DE MEJORA DE CAMINOS MUNICIPALES DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS EN FONTECADA Y AMARELLE”, cun valor estimado de 38.354,31 euros e 8.054,41 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 46.408,72 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de febreiro de 2024 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG.
As obras comprendidas neste proxecto núm. 1, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Fontecada e Amarelle” foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1359/2024, de data 04 de setembro, polo que se adxudican as obras á mercantil CONSTRUAGRO CIMARTIAN SL, polo importe total de 45.908,72 euros, o que supón unha baixa de 500,00 euros.
2.- “PROYECTO DE MEJORA DE CAMINOS MUNICIPALES DE ACCESO A PARCELA AGRÍCOLAS EN SANTA SABIÑA Y BAZAR”, cun valor estimado de 35.880,50 euros e 7.534,91 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 43.415,41 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de febreiro de 2024 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COATAC.
As obras comprendidas neste proxecto núm. 2, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Santa Sabiña e Bazar”, foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1360/2024, de data 04 de setembro, polo que se adxudican as obras á mercantil EXCAVACIONES CANCELA SERVICIOS Y OBRAS SL, polo importe total de 42.628,90 euros, o que supón unha baixa de 786,51 euros.
Plan: Orde do 11 de decembro de 2023 polo que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023 – 2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agricola de de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014 – 2020 (código procedemento MR101L) (DOG núm. 242 do venres 22 de decembro de 2023)
O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023 – 2024, cofinanciadas ao amparo da citada Orde do 11 de decembro de 2023 polo que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023 – 2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agricola de de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014 – 2020, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba. As obras comprendidas en dito Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023 – 2024 son as comprendidas nos proxectos que se indican a continuación: 1.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE SANTA MARÍA DE ALÓN”, cun valor estimado de 103.955,95 euros e 21.830,75 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 125.786,70 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de xaneiro de 2024 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG. As obras comprendidas neste proxecto núm. 1, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais na zona de concentración parcelaria de Santa María de Alón” foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1235/2024, de data 13 de agosto, polo que se adxudican as obras á mercantil EXCAVACIONES AGRACASTRO SL, polo importe total de 110.700,00 euros, o que supón unha baixa de 15.086,70 euros. 2.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE S. PEDRO DE SER, E CÍCERE – GRIXOA – MALLÓN”, cun valor estimado de 49.688,47 euros e 10.434,58 euros de IVE (21%), que ascende a un orzamento base de licitación de 60.123,05 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de xaneiro de 2024 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG. As obras comprendidas neste proxecto núm. 2, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais na zona de concentración parcelaria de S. Pedro de Ser, e Cícere – Grixoa – Mallón”, foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1323/2024, de data 29 de agosto, polo que se adxudican as obras á mercantil EXCAVACIONES HNOS. SOUTO SL, polo importe total de 38.962,00 euros, o que supón unha baixa de 602,82 euros. 3.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE FONTECADA, SAN MAMEDE DE BAZAR, E CORISTANCO – SANTA COMBA”, cun valor estimado de 48.394,12 euros e 10.162,77 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 58.556,89 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de xaneiro de 2024 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG. As obras comprendidas neste proxecto núm. 3, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais na zona de concentración parcelaria de Fontecada, San Mamede de Bazar, e Coristanco – Santa Comba” foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1173/2024, de data 29 de xullo, polo que se adxudican as obras á mercantil EXCAVACIONES AGRACASTRO SL, polo importe total de 51.850,00 euros, o que supón unha baixa de 6.706,89 euros.