981880075
Seleccionar página

Videoconferencia:   TALLERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS: DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS

                         Luns, 13 de XANEIRO, de 12:00 a 13:00 horas

Seguimos coa colaboración co Instituto Galego de Consumo a través da emisión dunha nova charla formativa.

Estas charlas, que se emiten desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora – hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais. Una vez rematada a exposición dos contidos, abrirase un turno de preguntas en cada unha das aulas para que os participantes poidan interactuar co ponente e consulten as súas posibles dúbidas.

Para facilitar o voso acceso a estas actividades divulgativas planificouse unha charla coa súa temática específica xeralmente o primeiro luns de cada mes, sendo a próxima delas o día  13 de XANEIRO, en horario de 12:00 a 13:00 HORAS

Temática:

No noso día a día o coche converteuse nun instrumento case imprescindible e, en ocasións, tamén unha ferramenta de traballo. Por estas razóns, acudir ao taller para reparar avarías ou realizar revisións é unha práctica habitual e obrigada. Pero, sabemos se temos dereito a un orzamento previo? Poden cobrarnos por el se despois non arranxamos o coche no mesmo taller? Teño dereito a que devolvan a peza que me cambiaron?

Na charla resolveranse todas estas cuestións e coñeceremos os nosos dereitos e deberes como persoas usuarias destes servizos así coma unha serie de recomendacións a ter en conta.

Para anotarse a esta videoconferencia debedes responder a volta de correo a formacion-cemit@xunta.gal, mostrando o voso interese en participar antes do MÉRCORES 8 de XANEIRO para iniciar a difusión da listaxe das aulas anotadas donde se pode seguir a dita retransmisión.

·         Tan pronto recibamos o correo de resposta confirmarémos a vosa solicitude e daremos de alta no XEA a charla na vosa localidade. (Desta forma publicarase na web de CeMIT para facilitar a inscrición das persoas interesadas en asistir, independentemente da difusión que fagades polos vosos medios habituais)

·         É necesario matricular no XEA ás persoas interesadas en asistir que soliciten a súa inscrición, así como cumprimentar a súa asistencia unha vez rematada esta actividade, xa non só para a súa contabilización a efectos de actividade realizada senón tamén para facilitar os indicadores que nos solicita a entidade colaboradora, neste caso a Escola Galega de Consumo,

·         A actividade programada poderíase suspender no caso de non acadar un número razonable de aulas interesadas e/ou de posibles asistentes