PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e
Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo
e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por
carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse un total de 540 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 280 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas
    solicitantes das provincias de A Coruña e Lugo.
  • 260 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as
    persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Ourense.
    Datas e servizos
    Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2022 e o día 7 de xaneiro
    de 2023 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
    A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 23 e o 30 de decembro
    e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.
    O programa comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 8 días (7 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión
    completa. O aloxamento en cuartos individuais terá carácter EXCEPCIONAL , require
    que a necesidade figure debidamente acreditada na documentación que acompaña a
    solicitude ou de selo caso mediante informe médico e , en todo caso, estará suxeita á
    dispoñibilidade e condicións establecidas no centro.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que
    corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a
    residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.
    A saída dende os puntos de orixe establecidos realizarase o dia 23 de decembro pola
    tarde e o regreso o dia 30 de decembro pola mañá na primeira quenda, e o 31 de
    decembro pola mañá e o regreso o 7 de xaneiro pola mañá na segunda quenda
    Persoas beneficiarias:
    a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de
    solicitudes.
    b) Estar empadroado nalgún concello galego.
    c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
    d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin
    trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia
    1
    durante o transcurso da estadía.
    Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
  • Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
  • Teñan máis idade
    -Teñan un menor nivel de ingresos económicos
  • Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
    Poderanse excluir aquelas persoas que participaran neste programa en anos anteriores
    e non se adaptaran as normas de convivencia establecidas, aínda que obteñan unha
    puntuación que lles permita o acceso o programa
    Solicitudes:
    As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase
    nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola
    persoa que corresponda.
    Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web
    https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/xuntos-polo-nadal-2022
    Prazo e lugares de presentación de solicitudes:
    Ata o día 28 de novembro de 2022 (incluído)
    As solicitudes poderanse presentar nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos
    departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas
    territoriais ou centros sociocomunitarios dependentes da Conselleria de Politica Social e
    Xuventude; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 1
    de outubro, do Procedemento Común das Administracións Públicas.
    Prezo da praza:
    As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.
    Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que
    se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo
    e viceversa serán por conta da persoa participante.
    Documentación:
    As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no
    momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
     DNI ou pasaporte en vigor.
     Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade
    2
    que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento
    farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De non
    levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención
    especial.
     Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da
    estadía.
     Roupa cómoda.
    Para mas información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Social e
    Xuventude https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/xuntos-polonadal-
    2022 ou dirixirse a:
     A Consellería de Política Social e Xuventude
    Subdirección Xeral de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia e
    Innovación Sociosanitaria.
    Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
    Tlfno: 981 547437/ 881 995993
    Correo electrónico: subxeaiss.politicasocial@xunta.gal
    O Teléfono Social: 900 333 666 (gratuíto).
     As Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude
    Servizos de Dependencia e Autonomía Persoal
    Rúa Concepción Arenal, 7-9. 15006 A Coruña.
    Teléfono: 881881528
    Rúa Serra de Ancares, 68 baixo. 27003 Lugo
    Teléfono: 982294051
    Rúa Saenz Díez 33. 22071 Ourense
    Teléfono: 988386199
    Praza da Estrela, s/n – 3º Andar. 36201 Vigo
    Teléfono: 986817214
     Os Centros Sociocomunitarios da Consellería de Política Social e Xuventude
     Os servizos sociais comunitarios dos concellos e os departamentos de servizos
    sociais de atención primaria e de atención especializada de saúde ou dos
    hospitais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *