981880075
Seleccionar página


O Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no DOG do
mércores 19 de xaneiro de 2022, ven de convocar as seguintes axudas:
1.- Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos
destinadas a persoas físicas, para o ano 2022 (código de procedemento MT402A)
Enlace web da Orde de convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220119/AnuncioG0192-221221-0001_gl.pdf
Resumo da convocatoria
Obxecto

  1. Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas (código de procedemento
    MT402A).
  2. En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
    a) Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións
    construtivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de
    cemento.
    b) Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores, que supoñan un
    impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual
    cor de acabamento.
    Queda expresamente excluída a substitución de carpintarías e cerrallarías exteriores, sen prexuízo de que poidan ser obxecto
    de actuacións de renovación.
    c) Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con pranchas de fibrocemento ou
    solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación,
    constitúen un impacto paisaxístico.
    Considéranse incluídas as unidades de obra relativas a elementos ou intervencións inherentes e imprescindibles para o soporte
    (non estrutural), remate ou renovación das cubertas. Queda excluída de forma expresa a renovación de elementos estruturais,
    así como as deficiencias estéticas que se resolvan con labores de limpeza.
    Para o novo acabado exterior das cubertas empregarase preferentemente tella cerámica ou lousa (en función do material
    tradicional da comarca).
    d) Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.
    O revestimento poderá realizarse con pintura (con ou sen enfuscado previo) ou con morteiros indicados para quedar vistos; en
    calquera caso aplicaranse tonalidades brancas ou grises/pardas moi claras. Tamén poderá empregarse pedra, acorde coas
    características da zona.
    e) Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico
    que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación.
  3. Todas as actuacións deberán aplicar os criterios e recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia das doce grandes
    áreas paisaxísticas de Galicia, así como, no caso dos muros de cerramento, a Guía de caracterización e integración
    paisaxística de valados
    Gastos subvencionables
    Ao abeiro do regulado nestas bases, serán gastos subvencionables os seguintes:
    a) Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas, tales como, entre outros, os materiais e a
    man de obra.
    b) Gastos correspondentes a honorarios facultativos devindicados pola redacción dos proxectos técnicos precisos para a
    execución das actuacións, así como pola dirección facultativa das obras e o custo dos estudos necesarios para a súa
    realización.
    c) Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso
    se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos
    persoais sobre a renda.
    En ningún caso serán subvencionables:

a) Os gastos correntes de funcionamento da persoa beneficiaria.
b) Equipamento e materiais non funxibles de segunda man.
c) Actuacións de mantemento que se realicen periodicamente para manter o recurso ou o elemento sobre o cal se propón a
actuación en perfecto uso ou estado.
Requisitos

  1. Só caberá presentar unha solicitude por persoa. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
  2. A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá
    acreditar a súa plena dispoñibilidade, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario
    da axuda previstas no punto 19o.
  3. As actuacións deberán contar co preceptivo título habilitante de natureza urbanística (licenza ou comunicación previa,
    segundo o caso), así como cos informes ou autorizacións sectoriais que resulten preceptivas.
  4. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10
    da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    Contía da axuda
    O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 euros por
    solicitante e ben.
    A onde acudir
    Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    Instituto de Estudos do Territorio (IET)
    San Lázaro, s/n
    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
    Teléfono: 981541755
    Prazo
    Prazo de presentación: do 20/01/2022 ata o 21/02/2022.