981880075
Seleccionar página

O Concello de Santa Comba, xunto cos Concellos de Val do Dubra (concello promotor), Concello de A Baña e o Concello de Negreira, é beneficiario dunha subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade para a realización do Obradoiro de emprego PROMOCIÓN 2021 para persoas maiores de 18 anos, para 20 alumnos/as traballadores/as distribuídos nas seguintes especialidades formativas:

• Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes (AGAR0309) - 10 alumnos/as 
• Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construcción (EOCB0109)-  10 alumnos/as.

Este Programa de emprego terá unha duración de 9 meses e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionadas aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego e teñan solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego(340), Outro programas de emprego formación dual (370) e 699, suspensión específica programas experimentais de emprego.

Aquelas persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

• Na oficina de emprego, pedindo cita previa no seguinte enlace: 
https://emprego.xunta.es/citaprevia/