981880075
Seleccionar página
ÁNGEL CARRACEDO participará na Primeira Semana da Saúde do Concello de Santa Comba

ÁNGEL CARRACEDO participará na Primeira Semana da Saúde do Concello de Santa Comba

O Concello de Santa Comba, en colaboración coa Asociación “Unha Amiga, unha Aperta” organiza a Semana da Saúde de Santa Comba 2023 que contará coa presenza de Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, que no acto central da semana ofrecerá unha conferencia sobre ““Medicina personalizada no Cancro”; o sábado 29 de Abril as 20:45h no Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba.
A entrada á conferencia será gratuita ata completar aforo.

No preámbulo da intervención do médico xenetista xalleiro haberá unha Mesa Redonda titulada “ Iniciativas asociativas solidarias no rural referidas á Saúde: pequenos xestos…grandes logros”, na que se pretende dar luz e poñer en valor a iniciativa asociativa referida a problemáticas importantes de saúde, nacidas ou que teñan actividade en zonas do rural galego. Nesta charla participativa preténdese difundir o valor da unión de familiares e enfermos na procura de melloras relacionadass con diversas enfermidades; a maioría das veces a través de pequenas campañas locais ou de de actividades de diversa índole, que permiten o contacto entre doentes, familiares e a sociedade civil.

Na Mesa está previsto que participen representantes da Asociación Española de GRINpatias, Asociación nacida en Negreira que agrupa a familiares de doentes de Enfermidades Raras causadas mutacións patoxénicas que se producen nalgún dos xenes denominados GRIN, e que afectan fundamentalmente a nenos e adolescentes.
Tamén haberá representación da recentemente creada “Asociación Unha Amiga sabe ver que precisas unha Aperta”, de Santa Comba, que naceu como grupo de apoio e de suma de inquedanzas de enfermos e enfermas de Cancro na Terra do Xallas, e que conta xa con case un centenar de asociados.
Nos próximos días sumarase á Mesa redonda representación de entidades asociativas de ámbito nacional, con amplio bagaxe no asociacionismo relacionado coa saúde e que promoven iniciativas ámbitos de distinta dimensión.

Antes desta xornada do sábado 29, a Semana da Saúde de Santa Comba comezará o martes 25 de Abril, ás 13:30h, cunha Charla sobre Nutrición Saudable, no Centro de Saúde de Santa Comba impartida por tania Arias Carballal, dietista e nutricionista que dirixe un novo servizo ofertado polo Centro de Saúde de Santa Comba.

A Semana da Saúde de Santa Comba rematará o festivo 1 de maio, cunha Andaina solidaria na que recadación a través dunha Camiseta solidaria será integramente doada a prol do tratamento para combatir o Meduloblastoma da xove Cristina Jiménez, abulense con vinculacións familiares directas no Concello de Santa Comba. A Andaina será circular e unirá dous puntos senlleiros da xeografía xalleira, A Capela de San Bartolomeu e o entorno da Xesteira.

Santa Comba no Encontro Internacional da Vía Mariana

Santa Comba no Encontro Internacional da Vía Mariana

A Concelleira Silvia Cancela asistiu está mañá en Melgaço- Portugal á xuntanza de traballo da Vía Mariana, camiño de peregrinación de 400 km e 17 etapas que une nas dúas direccións diversos Santuarios Marianos da antiga Gallaecia, desde a cidade portuguesa de Braga ata Muxía.
A Vía Mariana atravesa dúas parroquias xalleiras, a de San Martiño de Fontecada e a de Santo André da Pereira, logo de entrar en territorio de Santa Comba por Codesedo e dirixirse a Mazaricos polo lugar da Castiñeira, camiño de Muxía.

Na xuntanza, na que estiveron representados os Concellos portugueses e galegos polos que pasa esta vía de peregrinos, ademáis das Deputacións de Pontevedra e A Coruña.
Desde a Asociación Vía Mariana a través de Luís Martínez “Do Freixo” presentaron as novedades do seu espazo web, no que se inclúe información patrimonial do percorrido, principalmente de índole relixiosa, e ó mesmo tempo ,expresouse a vontade de difundir diversos valores turístico do territorio, creando sinerxias entre a Vía e os municipios.
Entre as necesidades que expuso Miguel Anxi Gómez, Secretario da Asociación, indicou a conveniencia de implementar unha rede de aloxamentos ou albergues, a mellora e limpeza dos sendeiros do percorrido, que cree unha conciencia local de camiño de peregrinación, de vía sendeirística, e a aumentar a difusión de información da Vía como producto turístico que pode vertebrar os territorios polos que pasa.

Outro dos directivos e Socio Fundador da Asociación, o empresario turístico e gran divulgador nese e noutros eidos, Pepe Formoso, comentou a experiencia da creación de aloxamentos e servizos turísticos na última década, do que él foi pioneiro con Bela Muxía como primeiro albergue privado en Muxía, e animou tanto a institucións públicas como ó sector empresarial a apostar, por unha parte pola limpeza, sinalización e difusión dun producto turístico sustentable, amparado tamén pola iniciativa privada e a aposta por invertir en establecementos de aloxamentos e de servizos que dinamicen o rural e que poidan ser empregados por peregrinos ou por outros turistas que se acheguen ó territorio para desfrutar das súas múltiples bonanzas e que revirta económicamente no propio territorio.
José de la Riera resaltou a capacidade que pode ter a Vía Mariana como nexo de unión entre dous países que comparten pasado común como Gallaecia, e presente como Portugal e Galicia.
Ademáis presentou a proposta dun Acordo Común que defenda a Vía Mariana con estes fins:
-Promoción e divulgación da Vía para que sexa declarada Itinerario Cultural polo Consello de Europa.

  • Compromiso de hospitalidade para os peregrinos e visitantes da Ruta.
    -Compromiso para a defensa do patrimonio material e inmaterial do territorio polo que transcurre á Vía.
  • Compromiso para o mantemento e defensa do entorno natural en cada municipio polo que transcurra.
    Por primeira vez nos Encontros da Vía Mariana estiveron representadas as Deputacións tanto a de Pontevedra como a da Coruña.
    A Deputación de Pontevedra, representada por Ana Laura Iglesias, Deputada de Turismo e Xuventude expresou o compromiso da institución provincial pola posts en valor da Vía Mariana como elemento de unión entre os municipios rurais do interior de Pontevedra e co propio territorio fronteirizo co norte de Portugal.
    A Deputación da Coruña, a través de Xosé Regueira, vicepresidente de Turismo,
    expresou o compromiso da Deputación para coordinar, apoiar e complementar ós municipios coruñeses na difusión e posta en valor da Vía Mariana como un eixo máis do territorio e como escaparate patrimonial e cultural da Provincia.

Turismo de Galicia, participou tamén na persoa de….que ofreceu a colaboración técnica da súa institución e invitou a que a Vía Mariana busque sinerxias con outros países europeos nos que hai Santuarios Marianos para que se sumen ó proxecto para a posible declaración por parte do Consello de Europa como itinerario Cultural Europeo.

“AQUÍ VIVES, TI DECIDES – ELABORACIÓN ESTRATEXIA LEADER 2023-2027”

“AQUÍ VIVES, TI DECIDES – ELABORACIÓN ESTRATEXIA LEADER 2023-
2027”

“AQUÍ VIVES, TI DECIDES – ELABORACIÓN ESTRATEXIA LEADER 2023-
2027”

O Concello Santa Comba xunto co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR)
Terras de Compostela, está traballando na elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (período 2023-2027). Co obxecto de dar resposta ás necesidades do territorio e impulsar o potencial local, estase deseñando un proceso participativo aberto a todas as institucións, axentes económicos e sociais, tecido asociativo e veciños/as do territorio de actuación (A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Teo, Santa Comba, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Vedra), que estean interesados/as en propoñer actuacións e debater en torno á futura Estratexia de Desenvolvemento Local.


O Concello Santa Comba e o GDR Terras de Compostela, animámoste a participar no PROCESO DE ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2023-2027.
 
Lugar: Auditorio Edificio Multiusos de Santa Comba:
Data – Hora: Xoves 1 de Decembro. 20:30h
Enderezo: Rúa Curros Enríquez S/N

  • info: Oficina de Turismo. Tf. 663 728 968

En caso de non poder asistir presencialmente á xuntanza, poderías participar igualmente, cubrindo unha enquisa, xa que a súa opinión e o coñecemento da realidade do seu ámbito de actuación son de gran importancia para o desenvolvemento da zona e de cara á planificación estratéxica.

LIGAZÓN DA ENQUISA: https://forms.gle/uZ6jER2zF1mtVJDfA

  • Que é o LEADER?
    É unha medida do PDR de Galicia que conta con fondos europeos e que financia proxectos de desenvolvemento local promovidos por persoas físicas ou xurídicas, asociacións, etc. Leader é unha ferramenta esencial para a dinamización e o emprendemento no medio rural.
  • Que é o Grupo de Desenvolvemento Rural?
    A Asociación Terras de Compostela nace no ano 2008 como asociación sen ánimo de lucro, entidade colaboradora da Administración na xestión da medida Leader, de aí que reciba o nome de Grupo de Desenvolvemento Rural.
  • Cal é o ámbito de actuación do GDR Asociación Terras de Compostela?
    O territorio delimitado polos seguintes Concellos: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra.
  • Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)
    As EDLP perseguen satisfacer as necesidades económicas, sociais e medioambientais dun territorio, así como reforzar e aumentar o seu potencial a través dos seus recursos endóxenos, é dicir, do propio territorio.
    Para elo, analízanse as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da zona, a través da implicación dos actores locais, dado o seu coñecemento da área e a importancia de que participen na súa gobernanza. A estratexia elabórase conxuntamente, facendo partícipe á comunidade no seu desenvolvemento.
    Así, os seus obxectivos son a dinamización da área, a creación de infraestruturas, a xeración de empresas e emprego e a permanencia e/ou ampliación da oferta de servicios.
SANTA COMBA CHEGA A SANTIAGO POLA VÍA CÉLTICA.

SANTA COMBA CHEGA A SANTIAGO POLA VÍA CÉLTICA.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A ETAPA FINAL DA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO POLA VÍA CÉLTICA
O Concello de Santa Comba sumouse á Campaña da Xunta de Galicia “ Camiño ao Respecto” que cumple 10 anos camiñando contra a Violencia de Xénero, e entregará un dorsal conmemorativo aos participantes que o desexen.

Este Domingo 20 de Novembro remata a Peregrinación a Santiago pola Vía Céltica que organiza o Concello de Santa Comba.
A última etapa comeza EN BELÉN AS 8:30h. Os participantes inscritos disporán de BUS para o traslado que sairá desde a Casa de Cultura 8:00H. ( prégase estar un puco antes)
Os participantes que o desexen poden acercarse á saída en Belén por medios propios. De feito un nuemroso grupo da parroquia Santiaguesa de Santa Cristina de Fecha sumaránse a esta última etapa de peregrinación e de visibilización da Vía Céltica en Belén.

Os participantes reagruparánse no Merendeiro do Monte Pedroso, para chegar en grupo á Praza do Obradoiro.

Sobre as 11:30h chegarase á Praza do Obradoiro e todos/as que desexen asistir á Misa do Peregrino, poden facelo. A Misa comeza ás 12:00h.

A Organización xestionou a posibilidade de que quen o desexe poida participar nunha Comida de Final de Peregrinación, que será na Hospedaría de San Martín Pinario, ó remate da Misa do Peregrino e da que se fará cargo cada participante de maneira individual (menú económico con 2 pratos, postre e bebida incluída).

Un Bus Regresará a Santa Comba logo da Misa do Peregrino, e posteriormente recollerá ó resto de participantes que se queden para a Comida dos Peregrinos.

A Organización recorda a OBLIGATORIEDADE Do Chaleco Reflectante, e pide aos participantes que respecten as indicacións de Seguridade e marcha da organización.

As previsións meteorolóxicas para a mañá do domingo son relativamente positivas, ainda que dado que o trazado vai case na súa totalidade por fermosos camiños e pistas forestais, é importante levar calzado adecuado para a auga, por si acaso.

Ante calquera incidencia, previa ou durante a xornada, poden manter contacto directo coa Organización no tf. 663 728 968

O CONCELLO DE SANTA COMBA ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN PARA VISIBILIZAR A VÍA CÉLTICA

O CONCELLO DE SANTA COMBA ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN PARA VISIBILIZAR A VÍA CÉLTICA

A través de 4 etapas, toda a veciñanza xalleira e da contorna pode pereregrinar a Santiago de Compostela a través dos treitos da Vía Céltica que unen a Terra do Xallas e a Capital de Galicia.
O Concello de Santa Comba, a través da súa Concellería de Turismo organiza unha peregrinación por etapas que comezará o vindeiro domingo 30 de outubro e que rematará na Praza do Obradoiro o 20 de novembro, logo de percorrer uns 60 km en total, ainda que se poida disfrurtar de etapas de maneira individual.

A Primeira etapa, o 30 de outubro une Castriz con Santa María de Paramos, en Val do Dubra, logo dun precioso percorrido por sendeiros de gran beleza natural, aproveitando unha variante para visitar a emblemática fonte de Vilamaior, pasando polo antigo Hospital de Peregrinos de Carboeiro na Parroquia de Freixeiro, e adentrándose no Concello de Val do Dubra para rematar na localidade de Paramos, onde se unen os ramais norte e sur da Vía Céltica.
A parte norte da Vía Céltica entra no Concello de Santa Comba desde Coristanco nas inmediacións da Braña da Serra en Boaña, achegándose ó lugar de Hospital, onde está constatada a existencia doutro antigo Hospital de Peregrinos, pasando polas proximidades dos dominios da antiga Fortaleza medieval de Castriz, préto de Xallas de Castriz, onde se ubica a Igrexa parroquial de San Pedro de Castriz, punto de saída desta 1ª etapa.

A segunda etapa, transcurre polo outro ramal da Vía Céltica, o Sur, e unirá as localidades de Vilar de Céltigos e Paramos, na travesía máis longa da peregrinación, o domingo 6 de Novembro.
A vía Céltica, desde os portos da Costa da Morte, entraba na Terra do Xallas, despois de atravesar A Terra de Soneira, pola parroquia de San Xoan de Grixoa, sendo Vilar de Céltigos a súa entidade de poboación máis importante ( e a de todo o Concello xalleiro ata comezos do século XX). De Vilar de Céltigos, os camiñantes irán por Mallón, As Antes, atravesarán o río Xallas pola Ponte da Cova, pasarán pos Santa Comba, Salgueiroas, Cruz de Santos, Abuín, para adentrarse na parroquia de Freixeiro por Vilarnovo e, posteriormente achegarse a Paramos.

A 3ª etapa unirá as localidades dubresas de Paramos e Belén, parando por San Román e atravesando o Río Tambre en Portomouro, para subir ata Santa María de Belén, lugar onde está documentado unha miragre cun peregrino fai séculos. Esta etapa, a máis corta do percorrido, terá lugar o domingo 13 de Novembro

A derradeira etapa da Peregrinación Xalleira irá desde Santa María de Belén ata a Catedral de Santiago, nooutro precioso percorrido que albiscará Compostela desde a zona do Monte Pedroso o domingo 20 de Novembro, onde os participantes poderán asistir á Misa do Peregrino dese día.

Esta actividade de promoción dos entornos naturais da Terra do Xallas e dun dos Camiños de Santiago que a atravesan será de balde e os participantes contarán con bus de traslado e o apoio de seguridade da policía Local e do Servizo de Protección Civil de Santa Comba, que axudarán a facer un traxecto o máis seguro posible, axudados pola responsabilidade dos participantes.
As inscricións poden realizarse na páxina web www.santacomba.es.,

Desde o Concello de Santa Comba anímase a tódolos colectivos e veciños a participar nunha actividade que dará a coñecer un percorrido que unía a Costa da Morte e o sepulcro do Apostolo Santiago por terras do interior da provincia da Coruña.