981880075
Seleccionar página
Gañadores do XVI CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2022

Gañadores do XVI CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2022

XVI CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2022

Despois de visitar os 15 establecementos participantes no XVI Concurso de Escaparates do Concello de Santa Comba e tendo en conta os criterios establecidos nas bases publicadas na nosa páxina web, a organización decide os gañadores desta XVI Edición.

Gañadores dos catro primeiros premios:

1º Premio – Foto Teca 350€ en vales de compra.

2º Premio – HolaMobi Santa Comba 250€ en vales de compra.

3º Premio – Slage Pinturas e Barnizados 175€ en vales de compra.

4º Premio – Gestoría Pose 125€ en vales de compra.

Participaron como xurado:

-Catarina López Negreira

-Ana Mª Garcia Gerpe

-Yolanda Vázquez Calvelo

VIAXE A VENECIA (2-9 XULLO)

Se tes entre 18 e 30 anos, vives en Santa Comba e che gusta viaxar, Venecia espérate do 2 ó 9 de xullo. Cada participantes terá que facerse cargo do seu viaxe ata Venecia, e do 2 ó 9 de xullo en Venecia a organización correrá co resto dos gastos, manutención, aloxamento, entradas, etc.  Prazo de inscrición ata completar as prazas. Notificarase os participantes cando sexan admitidos, e disporán de 4 días para presentar os billetes e a tarxeta sanitaria europea ou seguro de viaxe. de non presentar esa documentación pasarase a darlle a praza ó seguinte participante por orde de reserva, no email de reserva os participantes que dean o consentimento integraranse nun grupo de Whatsapp, para informar de calque nova.   

Para inscribirse mandar correo electrónico a:  intercambioeuropeo@gmail.com indicando: nome, apelidos, dirección, teléfono ou email de contacto, consentimento de ser o caso para grupo de Whatsapp.