
Viaxe a Venecia – 3 Últimas Prazas

A Concelleira Silvia Cancela asistiu está mañá en Melgaço- Portugal á xuntanza de traballo da Vía Mariana, camiño de peregrinación de 400 km e 17 etapas que une nas dúas direccións diversos Santuarios Marianos da antiga Gallaecia, desde a cidade portuguesa de Braga ata Muxía.
A Vía Mariana atravesa dúas parroquias xalleiras, a de San Martiño de Fontecada e a de Santo André da Pereira, logo de entrar en territorio de Santa Comba por Codesedo e dirixirse a Mazaricos polo lugar da Castiñeira, camiño de Muxía.
Na xuntanza, na que estiveron representados os Concellos portugueses e galegos polos que pasa esta vía de peregrinos, ademáis das Deputacións de Pontevedra e A Coruña.
Desde a Asociación Vía Mariana a través de Luís Martínez “Do Freixo” presentaron as novedades do seu espazo web, no que se inclúe información patrimonial do percorrido, principalmente de índole relixiosa, e ó mesmo tempo ,expresouse a vontade de difundir diversos valores turístico do territorio, creando sinerxias entre a Vía e os municipios.
Entre as necesidades que expuso Miguel Anxi Gómez, Secretario da Asociación, indicou a conveniencia de implementar unha rede de aloxamentos ou albergues, a mellora e limpeza dos sendeiros do percorrido, que cree unha conciencia local de camiño de peregrinación, de vía sendeirística, e a aumentar a difusión de información da Vía como producto turístico que pode vertebrar os territorios polos que pasa.
Outro dos directivos e Socio Fundador da Asociación, o empresario turístico e gran divulgador nese e noutros eidos, Pepe Formoso, comentou a experiencia da creación de aloxamentos e servizos turísticos na última década, do que él foi pioneiro con Bela Muxía como primeiro albergue privado en Muxía, e animou tanto a institucións públicas como ó sector empresarial a apostar, por unha parte pola limpeza, sinalización e difusión dun producto turístico sustentable, amparado tamén pola iniciativa privada e a aposta por invertir en establecementos de aloxamentos e de servizos que dinamicen o rural e que poidan ser empregados por peregrinos ou por outros turistas que se acheguen ó territorio para desfrutar das súas múltiples bonanzas e que revirta económicamente no propio territorio.
José de la Riera resaltou a capacidade que pode ter a Vía Mariana como nexo de unión entre dous países que comparten pasado común como Gallaecia, e presente como Portugal e Galicia.
Ademáis presentou a proposta dun Acordo Común que defenda a Vía Mariana con estes fins:
-Promoción e divulgación da Vía para que sexa declarada Itinerario Cultural polo Consello de Europa.
Turismo de Galicia, participou tamén na persoa de….que ofreceu a colaboración técnica da súa institución e invitou a que a Vía Mariana busque sinerxias con outros países europeos nos que hai Santuarios Marianos para que se sumen ó proxecto para a posible declaración por parte do Consello de Europa como itinerario Cultural Europeo.
XVI CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2022
Despois de visitar os 15 establecementos participantes no XVI Concurso de Escaparates do Concello de Santa Comba e tendo en conta os criterios establecidos nas bases publicadas na nosa páxina web, a organización decide os gañadores desta XVI Edición.
Gañadores dos catro primeiros premios:
1º Premio – Foto Teca 350€ en vales de compra.
2º Premio – HolaMobi Santa Comba 250€ en vales de compra.
3º Premio – Slage Pinturas e Barnizados 175€ en vales de compra.
4º Premio – Gestoría Pose 125€ en vales de compra.
Participaron como xurado:
-Catarina López Negreira
-Ana Mª Garcia Gerpe
-Yolanda Vázquez Calvelo