MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS

Obra: Mellora de camiños municipais no Concello de Santa Comba
Plan: Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 (DOG núm. 27, do luns 10 de febreiro de 2020)
O Concello de Santa Comba está a realizar a execución das obras as comprendidas no proxecto denominado “PROXECTO TÉCNICO DE MELLORA DE VIAIS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE SANTA COMBA “PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021”, cun valor estimado que ascende a 49.575,02 euros e 10.410,75 euros de IVE (21%), que ascende a un orzamento base de licitación de 59.985,77 euros; cun prazo de execución de tres (3) meses ; así como o control de calidade das obras executadas, para o que se ten contratado dito servizo por un importe de 1.533,00 euros, e 321,93 euros de IVE, que ascende a un importe total de 1.854,93 euros, todo elo cofinanciado ao amparo da citada Resolución do 19 de decembro de 2019, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), das axudas correspondentes ao plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba. As obras foron adxudicadas polo importe total, 21% de IVE incluído, de 46.015,08 euros, segundo se indica a continuación:

PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES
A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras do PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES, consistente en axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:
- Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas).
- Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes.
- Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña.
As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 72 do 20 de abril de 2021 ou a través da seguinte ligazón:
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o vindeiro 3 de maio ás 08.00 horas e ata o esgotamento do crédito dispoñible, a saber, 9 millóns de euros.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/
Lembrámoslle que na web https://pel.gal/ e no facebook https://www.facebook.com/PlanEmpregoLocal pode consultar a información actualizada sobre as distintas liñas do Plan de Emprego Local.
Para calquera aclaración ou consulta, poden contactar co equipo do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña.
Plan de Emprego Local
Tel. 981080509
CONCESIÓN DEFINITIVA AXUDAS PEL REACTIVA CONCELLOS