
INSTALACIÓN CALDERA DE BIOMASA NA CASA DO CONCELLO DE SANTA COMBA
Actuación: Obras e instalacións necesarias para a substitución das caldeiras existentes na piscina climatizada por caldeira-tándem de pellets.
Plan: Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2010 (DOG núm. 248, do mércores 30 de decembro de 2015).
O Concello de Santa Comba levou a cabo a execución das obras incluídas no proxecto denominado “Obras e instalacións necesarias apra a substitución das caldeiras existentes na piscina climatizada por caldeira-tándem de pellets. Santa Comba”, redactado polo polo enxeñeiro técnico industrial José Rúa Salgado e o enxeñeiro agrónomo Juan Carlos Trillo Morado, cun orzamento de execución por contrata de 121.945,53 euros, e 25.608,56 euros de IVE (21%), o que ascende a un importe total de 147.554,09 euros.
O prezo de adxudicación foi de 73.140,50 euros e 15.359,50 euros correspondentes ao IVE, que ascende a un total de 88.500,00 (oitenta e oito mil cinco centos euros), o que supón unha baixa de 59.054,09 euros.
A empresa adxudicataria é IDM PEREIRA SL.
As actuacións están cofinanciadas polo INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) ao abeiro da Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2010 (DOG núm. 248, do mércores 30 de decembro de 2015); así como polo Concello de Santa Comba.
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) é un ente de dereito público adscrito á Consellería de Economía, Emprego e Industria, creado pola a Lei 3/1999, do 11 de marzo, i é competente en materia enerxética entre cuxas funcións destacan a de incidir e promover a utilización racional da enerxía, na aposta pola diversificación das fontes enerxéticas que contribúan a unha menor dependencia enerxética exterior, así como potenciar a redución de gases contaminantes e/ou de efecto invernadoiro.
Así pois, coa execución do presente proxecto nas dependencias da piscina climatizada de Santa Comba conséguese reducir notablemente o consumo de combustibles derivados do petróleo, reducindo asemade o gasto enerxético ao mesmo tempo que se mellora a instalación dende o punto de vista medioambiental, pois é moi considerable a redución de gases de efecto invernadoiro mediante a utilización de fontes de enerxía máis limpa.
Obra: Obras necesarias para a mellora da eficiencia enerxética d instalación de iluminación pública exterior no Cadro C-81 O Busto. OBR M 16-09
Plan: Subvención Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).
Resolución do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), do 10 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (DOG núm. 93, do 18/05/2016).
O Concello de Santa Comba levou a cabo a execución das obras incluídas na memoria “Obras necesarias para a mellora da eficiencia enerxética de instalación de iluminación pública exterior no Cadro C-81 O Busto. OBR M 16-09”, redactada polo enxeñeiro técnico industrial José Rúa Balado e polo enxeñeiro agrónomo Juan Carlos Trillo Morado, de data de outubro de 2016, cun importe de 30.025,69 euros e 6.305,39 euros de IVE, que ascende a un total de 36.331,08 euros; todo elo cofinanciado ao amparo da Resolución do INEGA de 10 de maio de 2016.
As obras foron adxudicadas por un importe total de 20.727,30 euros, obtendo unha baixa económica de 15.603,78 euros.