981880075
Seleccionar página

Climatoloxía

CLIMA:

Oceánico hiperhúmido, cunha lixeira continentalización debido á altitude e ás montañas que o rodean,

con temperaturas suaves e abundantes precipitacións.

TEMPERATURAS MEDIAS:

Suaves, entre os 12º e 13º C. A diferenza entre as medias do mes máis frío (xaneiro) e do máis cálido

(agosto) é de menos de 10ºC, e é pouco frecuente, nos primeiros descensos diúrnos, por baixo dos

6º C. Non sucede o mesmo nas madrugadas nas que adoitan ser numerosos os descensos que roldan

o os cero graos e mesmo por debaixo deles.

PRECIPITACIÓNS:

Abundantes, cunha media de 2.063 mm anuais. O período máis húmido corresponde ós meses comprendidos

entre novembro e febreiro, que concentran máis do 50% das chuvias e cunha media de 18

días de chuvia ó mes. O mes máis chuvioso é xaneiro, con 321 l/m2, e o máis seco xullo, con 32 l/m2.

Son nove os meses nos que se recollen máis de 100 l/m2 (de outubro a maio).

XEADAS:

Frecuentes e moi importantes, dada a altitude destas terras, con seis meses de media con risco de

xeada.

NEVADAS:

A chuvia é a única forma de precipitación e as nevadas son un fenómeno bastante excepcional; poden

transcorrer varios anos sen que se produzan, e cando chegan (entre decembro e marzo) duran moi

pouco tempo, o que pode supoñer unha media de tres días de neve.

VERÁNS:

Curtos, con temperatura agradables.

INVERNOS:

Moi chuviosos, húmidos e frescos, cunha longa duración de predominio dos días anubrados de escasa

insolación.

VENTOS:

Sopran con violencia e provocan unha elevada pluviosidade.

Rede hidrográfica

Río Xallas. Elemento definidor da bisbarra que drena e articula a paisaxe. Recolle cursos de auga mentres

cruza o concello de Nordeste a Sudoeste, e divide o municipio nunha parte norte e outra sur, para

proseguir por Mazaricos e desembocar na ría do Ézaro no municipio de Dumbría. Era o único río de

Europa que desembocaba en fervenza ata a súa canalización por unha hidroeléctrica. Na actualidade

só sucede este fenómeno en épocas de copiosas e contínuas chuvias, e con fins turísticos en días concretos

do verán. (Falamos máis amplamente deste tema nun capítulo específico).

Altitude

Elevada, entre os 300-500 m. O 97% supera os 300 m. Entre os 300-400 m. está a zona centro suroccidental

de zona chaira por excelencia. Entre os 400-500 m. está a zona oriental (parroquias de Bazar,

Vilamaior, Freixeiro e algunhas partes de Castriz e Montouto). E a zona noroccidental (parroquias de

Esternande, Santa Sabiña e parte de Cícere) que son as zonas máis montañosas.

Poboación

POBOACIÓN (Habitantes):

10.704 (a 1 de xaneiro de 2004)

POBOACIÓN (Densidade):

53,70 habitantes/km, moi por debaixo da media provincial (138 hab/Km) e da media galega (92,5

hab/km) sen que se poida dicir que nos atopamos ante unha terra escasa de habitantes, de feito é un

dos concellos con máis habitantes da provincia.

POBOACIÓN (Parroquias con máis habitantes):

Santa Comba: 2.719. Castriz: 1.062. Santa Sabina: 963. Restantes parroquias: Menos de 800 cada unha

POBOACIÓN (Estrutura):

Progresivo avellentamento (común a todo o arco fisterrán). 49,3% homes, 50,7% mulleres. Nos maiores

de 65 anos o 59% son mulleres e o 41% homes. A porcentaxe de poboación é a seguinte: Mozos

20,2% (provincia 20,30%), adultos 58,60% (provincia 61,7%), vellos 21,20% (provincia (18,0%). É apreciable

o maior continxente de maiores de 64 anos e unha diminución da natalidade nun 6,5%, por debaixo

da media galega de 6,8%, unha das máis baixas do mundo.

POBOACIÓN (Paro rexistrado):

Menores de 25 anos: 61

Outras idades: 576

Total: 637

Taxa de paro: 10.6

Taxa de actividades: 48.1

Actividade económica

Basicamente son a agricultura e gandaría as actividades que ocupan case á metade da poboación activa

(39,9 %). O sector secundario, co 31%, é a pequena empresa, sobre todo, a relacionada coa construción,

e o resto é o sector comercial e de servizos. Non é Santa Comba un municipio con moita actividade

industrial, aínda que incrementou ultimamente e chega a ocupar o 12% da poboación activa. A

construción dá emprego ó 19,9% da poboación.

Sempre, aínda antes de constituírse o Concello de Santa Comba como o coñecemos actualmente, os

moradores destas terras foron labregos. Pero a industria extractiva tivo, no pasado recente, unha grande

importancia. A extracción de volframio na mina de Varilongo que ten máis de 8 km de longo por 1

km de ancho en galerías subterráneas, chegou a converterla na primeira de Europa e unhas das punteiras

no mundo, sobre todo, nos tempos da Segunda Guerra Mundial cando fornecía de materia prima

para a construción do armamento das panzers divisións do terceiro reich do exército alemán e tamén

ó exército inglés e ó americano para a guerra de Corea. No seu máximo apoxeo chegaron a traballar

nela arredor de 4.000 persoas. A mina pechou no ano 1984 e a principios do 2000 o concello comprou

parte da mesma para restaurala. (Falamos máis amplamente deste tema nun capítulo específico).

Parroquias e Poboacións

Nº PARROQUIAS: 17 ENTIDADES DE POBOACIÓN: 135

A l ó n – Santa María de Alón

Lugares: (7) Albarín, Alón de Abaixo, Alón de Arriba, Cataduiro, O Couto, A Cruzana, Esmorode.

A r a n t ó n – San Vicente de Arantón

Lugares: (10) As Antes, Arán, Arantón, A Cabreira, A Cova, Ponte de Abaixo, Rieiro, O Valiño, Vilarnovo,

A Xesteira.

B a z a r – San Mamede de Bazar

Lugares: (6) Bazar, O Carballal, A Castiñeira, As Figueiras, Sabaceda, Turnes.

C a s t r i z – San Pedro de Castriz

Lugares: (16) Boaña de Abaixo, Boaña de Arriba, Boimente, Castriz, A Choupana, Escanande, Estévez,

Frieiro, O Hospital, A Mostaza, O Outeiro, Padreiro, Traba, Vento, Xallas, O Xesto.

C í c e r e – San Pedro de Cícere

Lugares: (9) Buxán, Cícere, Espasandín, Mallón, O Mato, A Pardiñeira, Rebordelos, Rubín, O Vilariño.

E s t e r n a n de – Santa María de Esternande

Lugares: (2) Cotoleira, Esternande.

F o n t e c a da – San Martiño de Fontecada

Lugares: (12) Almozara, Barbeira, O Campelo, A Choupana, Codesedo, A Corna, Fontecada, Guardados,

O Loureiro, A Pallota, Parada, San Martiño.

F r e i x e i r o – San Fiz de Freixeiro

Lugares: (13) As Abeleiras, Amenzóns, Carboeiro, O Castro, Castropombo, Fafia, Freixeiro, A Illa, O

Pombal, Portocarreiro, Portochán, O Tarroal, Vilarnovo.

Gr i x o a – San Xoán de Grixoa

Lugares: (5) Agris, Arman, Grixoa, A Paia, Vilar de Céltigos.

Ma l l ó n – San Cristovo de Mallón

Lugares: (8) Arosa, Cusaduira, Labradas, O Outeiro, O Riveiro, San Cristovo, Tapia, Truebe.

Mo n t o u t o – Santa María de Montouto

Lugares: (8) Amarelle, A Bouza, Bustelo, O Castro, O Cotón, Montouto, Mourelle, O Porto.

P a d r e i r o – Divino Salvador de Padreiro

Lugares: (4) Albarín, San Salvador, Vilardante, Vilartide.

A P e r e i r a – San Andrés da Pereira

Lugares: (1) A Pereira.

S a n t a C omba – San Pedro de Santa Comba

Lugares: (13) A Aldea, As Caselas, As Cerdeiras, O Combarro, O Cubelo, As Fariñas, Gontán, Guisande,

Ponte de Arriba, Randufe, Santa Comba, A Torre, Ventosa.

S a n t a S ab i ñ a – San Xulián de Santa Sabiña

Lugares: (11) O Busto, A Carballeira, O Castro, Os Fornos, Guldriz, O Mato, Os Picotos, Santa Sabiña, As

Travesas, Varilongo, Vilarqueimado

S e r – San Pedro de Ser

Lugares: (4) Abuín, A Cruz de Santos, Salgueiroas, Ser.

V i l ama i o r – Santa María de Vilamaior

Lugares: (6) O Carballal, Negreira, Pereira, Portovilar, Recarei, Vilamaior.