981880075
Seleccionar página
Verán Lúdico 2015

Verán Lúdico 2015

O concello de Santa Comba mantén aberto ata o vindeiro 22 de xuño o prazo de inscrición no Verán Lúdico que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 4 de setembro en horario de 8:30 a 14:30.

 

O Verán Lúdico está dirixido ós nenos e nenas de infantil e primaria de nais e pais traballadores do concello de Santa Comba.

 

Para anotarse o obter máis información: CIM Santa Comba, Oficinas de Servizos Sociais, Vivenda Comunitaria(baixo). Teléfono 981104309

Ciclo de monólogos cómicos en Santa Comba

Ciclo de monólogos cómicos en Santa Comba

O concello de Santa Comba pon en marcha este vindeiro venres 12 de xuño o I ciclo de monólogos cómicos “RIXALLAS”, organizado polo departamento de cultura municipal.

 

Durante catro venres consecutivos Santa Comba contará con persoeiros de primeiro nivel como é o caso de Isabel Risco, Luís Pousada, Avelino González e Serxio Pazos. As funcións desenvolveránse no baixo da vivenda comunitaria a partir das dez da noite.

 

Este vindeiro venres actuará Isabel Risco, actriz coñecida polos seus papeis en series televisivas como Padre Casares, Era Visto! Ou Nordés, ou pola súa participación en varios programas da TVG como é o caso de Land Róber e o Show dos Tonechos. Tamén traballou en varias películas.

“Estamos no verán” en Santa Comba

“Estamos no verán” en Santa Comba

O espectáculo musical “Estamos no verán” chega este vindeiro domingo o concello de Santa Comba, dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Santa Comba.

 

“Estamos de Verán” é un espectáculo protagonizado polo artista Xoán Curiel e pola súa banda Son+d2, configurado a partir da primeira novela-cd da literatura galega, que conta a historia dun grupo de amigos que queren formar un grupo de música.

 

Xunto coa música, mesturase a danza, e os elementos teatrais ou de clown, sendo un espectáculo totalmente participativo dirixido a nen@s de 6 a 12 anos pero onde pode ter cabida o público familiar.

 

“Estamos no verán”. Este vindeiro domingo as 18:30h no Multiusos de Santa Comba

Recepción Xallas infantil

Recepción Xallas infantil

O Xallas de Santa Comba infantil foi obxecto dunha recepción por parte da alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e do concelleiro de deportes José Pose Pazos, nun acto no que tamén participou o coordinador das escolas de fútbol, Manolo González Corredoira e o presidente do XSC, José Manuel Pérez Gorgal.

 

González Corredoira destacou o apoio do concello xalleiro e do clube para facer posible estes éxitos “porque están sempre detrás”. Os infantís quedaron campións da Liga e da Copa da Costa, e agora xogarán a fase de ascenso a liga galega.

 

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

José Manuel Pérez Gorgal destacou o “esforzo e sacrificio” dos deportistas, dos pais e dos adestradores. A alcaldesa María Pose felicitou os xogadores, as familias e os adestradores Couto e Rupper e lembrou que “desde o concello vimos apoiando ao deporte” e aportando o seu grao de area.

Excursión Mulleres Rurais do Xallas

Excursión Mulleres Rurais do Xallas

O concello de Santa Comba organizou o pasado sábado 28 de marzo unha excursión a Casa da Auga (A Coruña) en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais do Xallas.
Na excursión participaron preto de corenta mulleres que disfrutaron desta xornada, enmarcada dentro das actividades do “Día da Muller Traballadora”. A viaxe non se poido celebrar antes porque as instalacións da “Casa da Auga” estiveron pechadas por mantemento.
As mulleres foron despedidas pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, nunha xornada na que tiña lugar na capital do Xallas a Festa dos Maiores.

Celebramos un novo Festival de Primavera

Celebramos un novo Festival de Primavera

O auditorio do multiusos encheuse para a celebración do “Festival de Primavera” protagonizado polos aproximadamente oitenta alumnos que forman a Escola de música moderna do concello de Santa Comba. O festival foi presentado por un dos profesores, Xoán Leis.

 

Ao evento asistiu a alcaldesa María Pose e a concelleira de Asuntos Sociais, Flora Calo. María Pose Rodríguez destacou o éxito dunha escola de música que se botou a andar durante esta lexislatura.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA