por Santa Comba Multimedia | Mar 2, 2015 | CIM, Novas, Portada Destacado, Sedes Municipais, Últimas
Alumn@s co CEIP Barrié de la Maza, CEIP plurilíngue Pepe de Xan Baña, CPE Nosa Sra. da Inmaculada e do IES Terra de Xallas participarán o vindeiro venres, 6 de marzo, na terceira xornada da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que promove a Deputación provincial da Coruña en colaboración co concello de Santa Comba.
As actividades, que se desenvolverán no pavillón do Barrié de la Maza, dividiranse en dous bloques. Un primeiro que estará dirixido a alumn@s de entre 3 e 10 anos, que participarán nun obradoiro de títeres, unha sesión de contacontos e nun espectáculo musical.
O segundo bloque estará dirixido a alumn@s de entre 10 a 14 anos e prolongarase entre as 12:00 e as 13:30h. Haberá unha master class de zumba, un obradoiro de defensa persoal, un monólogo e actuacións musicais.Nesta xornada colabora o Centro de Información a Muller de Santa Comba.
por Santa Comba Multimedia | Feb 21, 2015 | Cultura, Deporte, Novas, OMIC - Oficina de Consumo, OMIX - Oficina Xuvenil, Portada Destacado, Sedes Municipais, Últimas
Santa Comba acolleu este pasado venres 20 de febreiro unha nova edición de gala “Xalleiros”. O acto foi presentado por Fran Allo, e contouse coa participación do humorista Isi, das intérpretes Alba Caamaño e Araceli, dos profesores da escola municipal de música moderna, dos alumnos da escola municipal de música e baile tradicional, e das parellas de baile de salón formadas por Brais e Noa Otero, e por Basilio e Érika Lois.
A gala foi clausurada pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose.
Premio “Cultura”- Francisco Rodríguez “Paco do Garrote”- Título póstumo.
Entregou José Amigo e recolleu o fillo do homenaxeado, Francisco Rodríguez.
Premio”Deporte”- Familia Ramos Rey
Entregou o concelleiro de deportes José Pose Pazos e recolleron Arturo, Dolores e Turi (Familia Ramos Rey).
Premio “Valores humanos na emigración”- Martín Amarelle García.
Entregou o concelleiro de emigración, Juan Carlos Landeira Castro, e recolleron a nai e a irmá do premiado, María del Carmen García e Núria Amarelle.
Premio “Toda unha vida”-Perfecto Pereira Barcia
Entregou a concelleira de Xuventude, Raquel Grille Boga e recolleu Perfecto Pereira.
Premio “Labor social”- Monxas de Bazar
Entregou a concelleira de servizos sociais, Flora Calo Blanco e recolleron as relixiosas da compañía de María de Bazar.
por Santa Comba Multimedia | Feb 18, 2015 | Cultura, Destacamos, Novas, OMIC - Oficina de Consumo, Última hora, Últimas
A alcaldesa María Pose Rodríguez destaca a traxectoria chea de méritos de tódolos premiados e convida aos veciños a asistir a Gala.
Este venres 20 de febreiro desde as 9 da noite o auditorio do edificio multiusos acolle unha nova edición da gala “Xalleiros” que organiza o concello de Santa Comba. O evento será presentado polo artista Fran Allo. Tamén se contará coa participación do popular humorista Isi.
Este ano a relación de premiados está composta por Martín Amarelle García que recibirá un recoñecemento polos “valores humanos na emigración”, Perfecto Pereira por “toda unha vida” adicado a música, e as relixiosas de Bazar pola súa importante “labor social”. No apartado de “Deporte” os premiados serán os tres membros da familia Ramos Rey, e no do apartado de “Cultura” haberá un recoñemento a título póstumo ó músico Francisco Rodríguez “Paco do Garrote”.
A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, destacou a traxectoria chea de méritos dos distintos galardonados que “son espellos onde se poden mirar as novas xeracións” e convida a tódolos veciños e veciñas a asistir a esta nova edición da gala “Xalleiros”.

por Santa Comba Multimedia | Feb 14, 2015 | Biblioteca, Destacamos, Novas, Últimas
O grupo de lectura fácil da Biblioteca Pública Municipal do concello de Santa Comba participou nunha visita a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán a Coruña, como actividade complementaria as xornadas de lectura que veñen desenvolvendo relacionadas con obras da autora coruñesa.
Nesta visita puideron coñecer a vivenda, o gabinete de traballo e afondar en moitos aspectos da vida e da obra de Pardo Bazán.

por Santa Comba Multimedia | Feb 14, 2015 | Cultura, Novas, OMIC - Oficina de Consumo, Últimas
Este domingo 15 de febreiro o recinto feiral de Santa Comba acolle unha Festa do Entroido. Desde as 16:00h.

por Santa Comba Multimedia | Dic 28, 2014 | Cultura, Destacamos, Novas, Portada Destacado, Última hora, Últimas
O vindeiro venres 2 de xaneiro, desde as 20:30h o salón de actos da vivenda comunitaria de Santa Comba acolle a representación da comedia teatral “Feliciano” a cargo da compañía “Os Sete magníficos máis un”.
A obra, dirixida por Iván Prado, ten como protagonistas aos recoñecidos humoristas Fran Rei e Pedro Brandariz. A actividade desenvólvese mediante o programa de “Dinamización Lingüística nas Festas de Nadal” da Xunta de Galicia, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do concello de Santa Comba.
