981880075
Seleccionar página
“Estamos no verán” en Santa Comba

“Estamos no verán” en Santa Comba

O espectáculo musical “Estamos no verán” chega este vindeiro domingo o concello de Santa Comba, dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Santa Comba.

 

“Estamos de Verán” é un espectáculo protagonizado polo artista Xoán Curiel e pola súa banda Son+d2, configurado a partir da primeira novela-cd da literatura galega, que conta a historia dun grupo de amigos que queren formar un grupo de música.

 

Xunto coa música, mesturase a danza, e os elementos teatrais ou de clown, sendo un espectáculo totalmente participativo dirixido a nen@s de 6 a 12 anos pero onde pode ter cabida o público familiar.

 

“Estamos no verán”. Este vindeiro domingo as 18:30h no Multiusos de Santa Comba

III Torneo de baloncesto

III Torneo de baloncesto

O vindeiro domingo dez de maio, o pavillón polideportivo de Fontenla acolle o III Torneo de Baloncesto, organizado polo departamento de Deportes do concello de Santa Comba, co patrocinio de Supermercados Familia.

A partir das 15:00h, uns douscentos deportistas en idade benxamín e alevín de A Laracha, Carballo, Camariñas e Santa Comba, participarán neste torneo. O concello de Santa Comba agasallará a tódolos nenos e nenas cunha merenda e unha medalla conmemorativa.

CARTEL BALONCESTO

Celebramos un novo Festival de Primavera

Celebramos un novo Festival de Primavera

O auditorio do multiusos encheuse para a celebración do “Festival de Primavera” protagonizado polos aproximadamente oitenta alumnos que forman a Escola de música moderna do concello de Santa Comba. O festival foi presentado por un dos profesores, Xoán Leis.

 

Ao evento asistiu a alcaldesa María Pose e a concelleira de Asuntos Sociais, Flora Calo. María Pose Rodríguez destacou o éxito dunha escola de música que se botou a andar durante esta lexislatura.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Festa dos Maiores en Santa Comba

Festa dos Maiores en Santa Comba

Santa Comba acolleu a Festa dos Maiores coa participación duns 1300 veciños. O evento contou coa participación dos alcaldes de A Baña, Negreira e os tenientes de alcaldes de Val do Dubra e Mazaricos, así como representantes de tódolos grupos da corporación xalleira.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Despois da misa , e dunha actuación musical, interviu a alcaldesa de Santa Comba, María Pose que agradeceu a presencia de tantas persoas, e reivindicou este evento “coma unha homenaxe aos nosos maiores, que son moi importantes para Santa Comba”. Pose Rodríguez tamén asegurou que “o goberno local está traballando a tope para que Santa Comba sexa cada día un mellor lugar para vivir”

GUÍA CORRENTE ABAIXO, UN PERCORRIDO DE ENSOÑO

A Asociación Terras de Compostela lanza a guía en inglés CORRENTE ABAIXO, UN PERCORRIDO DE ENSOÑO, centrada nos tres ríos:

  1. Ulla: Camiño de beleza e ensoño.
  1. Tambre: Lento e repousado entre arboredas.
  1. Xallas: Lugar das fervenzas.

OBXECTIVOS DA GUÍA

  • Poñer en valor o inmenso Patrimonio cultural e natural que hai na contorna dos Ríos.
  • Dar a coñecer zonas e áreas fluviais pouco coñecidas polo público xeral.
  • Contribuír á conservación de espazos e ecosistemas que se caracterizan pola súa fraxilidade.
  • Dar a coñecer unha alternativa turística que combine cultura, natureza e actividades de ocio.
  • Recopilación de lendas e recetas gastronómicas vinculadas cos ríos.

Corrente_abaixo

Festa dos Maiores 2015

Festa dos Maiores 2015

O Concello de Santa Comba prepara unha nova edición da “Festa dos Maiores” que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo.

 

Desde a concellaría de Servizos Sociais, que dirixe Flora Calo, informan que as persoas interesadas en participar, e que sexan maiores de 65 anos ou pensionistas, poden recoller as súas invitacións neste departamento situado nos baixos da vivenda sociocomunitaria (entrada polo parque infantil).

 

A “Festa dos Maiores” desenvolveráse no recinto feiral xalleiro onde haberá unha misa e un xantar amenizado por unha actuación musical.