Presentación do Grupo de Apoio para Doentes con Cancro e Familiares “UNHA AMIGA SABE VER QUE NECESITAS UNHA APERTA”
“UNHA AMIGA SABE VER QUE NECESITAS UNHA APERTA”
PRESENTOUSE EN SANTA COMBA CO ÁNIMO DE UNIR A DOENTES E FAMILIARES DE CANCRO DA COMARCA
A Sala de xuntanzas do Centro de Saúde “Ángel Carracedo” de Santa Comba acolleu a
presentación da agrupación e a primeira xornada informativa adicada á prevención con hábitos
saudables e á nutrición.
A alcaldesa de Santa Comba María Pose sumouse tanto de maneira institucional e persoal a
unha iniciativa que calificou de “moi necesaria, porque nos toca a todos” e ofreceu o apoio e
colaboración que se necesite por parte do concello aos promotores da asociación.
“ Unha Amiga sabe ver que necesitas unha aperta” nace da inquedanza dun grupo de
afectados e de familiares encabezados pola primeira presidenta da Asociación, Ana Ferreiro
Gerpe, que nos últimos anos teñen que convivir e loitar co cancro na Terra do Xallas. Ademáis
da luz de apoio entre os afectados directos, doentes e familiares, existe o inestimable respaldo
de todo o Cadro Médico do Centro de Saúde de Santa Comba, encabezado pola súa máxima
responsable Dolores López Fernandez, que abriu as locucións nesta posta en marcha da
Asociación.
A doctora López Fernández agradeceu ó equipo sanitario do centro que “se volcara desde o
primeiro día cunha iniciativa que lle achegou unha paciente, e agora amiga, e que vai a
vertebrar información e apoio por parte do persoal que coordina para pacientes e familiares. Ë
moi importante ó mesmo tempo o empoderamento dos propios pacientes para afrontarcon
forza os procesos polos que pasan na enfermidade.”. Tamén quixo resaltar que, dentro do Plan
Local de Saúde que se está a desenvolver en colaboración cos concello de Mazaricos e Santa
Comba, vai a primar a prevención e a difusión de hábitos saudables, sobre todo no referente á
nutrición e ó exercicio físico.
Unha das enfermeiras do Centro de Saúde de Santa Comba, Raquel Cotelo Vázquez realizou
unha completa presentación informativa sobre a enfermidade oncolóxica, cómo pode
desencadearse, con compoñentes xenéticos, externos e de hábitos e, focalizou a atención
nestes últimos, sobre todo nos que poden previr de maneira directa como son a alimentación
equilibrada e unha nutrición completa e o exercicio físico moderado.
Outra das doctoras do centro de Saúde, Ana Seoane, ampliou a referencia á nutrición
apoiándose nun documento audiovisual ilustrativo dos cambios positivos que se poden xerar en
calqueira proceso de enfermidade desde os hábitos alimenticios “máis primitivos pero moito
máis saudables” que se acheguen ao producto natural, cunha taxa de nutrientes por caloría moi
alta e que se alonxe dos procesados, lamentablemente tan en auxe na sociedade actual.
Tamén tomaron a palabras diferentes membros da directiva, familiares directos de afectados,
que agradeceron o apoio á iniciativa e destacaton a actitude positiva como unha das claves
para afrontar os tratamentos e o importante que debe de ser o apoio aos cuidadores.
A presidenta Ana Ferreiro pechou o acto agradecendo a implicación tanto do Centro de Saúde,
como do Concello e sobre todo da xente que a animou a poñer en marcha un grupo no que se
poidan compartir experiencias e se axude a afrontrar esta enfermidade con esperanza e forza
para superala.