981880075
Seleccionar página

Investimentos, subvencións, axudas e xestións

INVESTIMENTOS, SUBVENCIÓNS E AXUDAS ECONÓMICAS CONFIRMADAS

AXUDA

ORGANISMO

IMPORTE

Oficina do Consumidor

Instituto Galego de Consumo

4.387,00 €

Actividades con emigrantes retornados

Secretaría Xeral de Emigración

4.000,00 €

Libros para a Biblioteca

Consellería de Cultura e Deporte

437,35 €

Creación do Servizo Mun. de Normalización Lingüistica

Consellería da Presidencia

5.000,00 €

Convenio mantemento do Servizo Mun. de Normalización Lingüistica

Deputacion da Coruña

12.000,00 €

Desenvolvemento dos servizos de Protección Civil

Consellería da Presidencia

6.927,50 €

Xestións de riscos e xestión de emerxencias

Consellería da Presidencia

8.960,22 €

Contratación dun animador deportivo

Deputacion da Coruña

6.500,00 €

POS-Plan de obras e servizos

Deputación da Coruña

427.844,41 €

Xulgado de Paz e Praza de acceso ó Multiusos

Consellería da Presidencia

15.000,00 € 

Mellora e equipamento dos servizos administrativos

Consellería da Presidencia

62.000,00 €

Plan Peim para servizos básicos e elementais no rural

Consellería do Medio Rural

110.000,00 €

Poxa de Xovencas de Raza Frisona

Deputación da Coruña

10.990,88 €

Equipamentos e servizos municipais

Deputación da Coruña

6.982,41 €

Construcción dunha nova depuradora

Augas de Galicia

3.193.288,93 €

Noitebús: A movida Xalleira

Consellería de Política Territorial

54.693,57 €

Vehículo de salvamento contra-incendios

Consellería da Presidencia

60.000,00 €

Curso de prevención de Riscos Laborais

Consellería de Traballo

6.000,00 €

Curso de ebanistaría

Consellería de Traballo

61.233,60 €

Curso de carpintaría

Consellería de Traballo

61.233,60 €

Gastos de funcionamento do Xulgado de Paz

Consellería da Presidencia

3.100,00 €

Campañas municipais de deporte

Deputacion Provincial

7.493,48 €

Campañas municipais de cultura

Deputacion Provincial

9.994,40 €

Acondicionamentos e equipamentos deportivos

Deputacion Provincial

7.488,97 €

Acondicionamentos e equipamentos culturais

Deputacion Provincial

9.982,09 €

Campo de fútbol de herba artificial

Deputacion da Coruña

400.000,00 €

Soporte de antena de 41 metros en Pico de Meda para TDT

Xunta de Galicia

110.000,00 €

Estrada Santa Comba-Santiago (Transferencia, estudos previos e proxecto)

Xunta de Galicia

300.000 €

 

 

 

 

Total €uros

4.959.538,41 €

 

 

 

 

Total pesetas

0,00 €

AXUDAS ECONÓMICAS PARA PROMOCIÓN DO EMPREGO

AXUDA

ORGANISMO

IMPORTE

Contratación de sete persoas para atención a persoas con limitacións.

Consellería de Traballo

 73.097,37 €

Contratación de persoal para o Centro da Muller

Servizo Galego de Igualdade

 

Contratación de mestres para a gardaría

 

 

Contratación dun Axente de Emprego e desenvolvemento local

 

 

Contratación de tres mulleres maiores de 45 anos para servizos

 

22.106,70 €

Contratación de 18 axentes de intervención para o parque de bombeiros

Consorcio Comarcal de Bombeiros

?

Contratación dun peón para servizo de obras

 

 

Contratación dun peón para conservación de parques e xardíns

 

 

Contratación de seis limpadoras

 

 

Contratación dun Animador Deportivo

Deputación Provincial

6.000,00 €

 

 

 

 

 

 

 

Total

101.204,07 €

 

 

 

 

Total pesetas

0,00 €

 AXUDAS MATERIAIS

MATERIAL

DESTINO

ORGANISMO

Bomba de achique

Protección Civil

Consellería de Presidencia

Tres equipos informáticos

Implementación da administración electrónica

Consellería de Presidencia

Desfibrilador de tratamento de arritmias cardíacas

Centro de Saúde

Consellería de Sanidade

Vehículo de primeira intervención anti-incendios

Protección Civil

Consellería de Presidencia

 

OUTROS PROXECTOS
MELLORAS – EQUIPAMENTOS  – XESTIÓNS

ACTO

EN COLABORACION CON

SITUACIÓN

Campaña Nacional de control do uso do móbil

Dirección Xeral de Tráfico

Realizado

Mellora da cobertura de telefonía móbil

Telefonica Movistar

Realizándose

Mellora da cobertura de telefonía móbil

Orange (Antes Amena)

Realizándose

Plan especial de eliminación de barreiras arquitectónicas

Deputación da Coruña

En trámite

Desafectación das escolas e casas dos mestres para usos municipais

Consellería de Educación

En trámite

Modificación Plan Parcial para implantación da empresa Biomasa Forestal

Propio Concello

En trámite

Cesión de terreos á Xunta para a instalación da ITV

Consellería de Innovación de Industria

En trámite

Xestión para 11 veciños de Ser con acometida de auga

Deputación da Coruña

En trámite

Ampliación da Rede Natura ó cauce do Río Xallas

Consellería de Medio Ambiente

Para o 2008

Desenvolvemento do Banco de Terras

Consellería de Medio Ambiente. Bantegal

Para o 2008

Gas natural canalizado

Consell. de Innov. e Industria. Gas Directo

Para o 2008

Servizo rural de transporte “chama o bus”.

Dirección Xeral de Transporte

Realizándose

Redacción do Plan Municipal de Protección Civil

Propio Concello

Realizándose

Guindastre con cesta

Convenio co Concello de Coristanco

Realizándose

Novo mobiliario urbano

Propio Concello

Realizándose

Adecentamento do contorno da Capela dos Milagros

Propio Concello

Realizado

Traslado do servizo do Psicólogo ó edificio Multiusos

Propio Concello

Realizado

Transporte rural para discapacitados. Servizo Galego de apoio á mobilidade

Vicepresidencia da Xunta de Galicia

Para o 2008

Conexión de Protección Civil á rede de emerxencias dixital Sirdee

Consellería de Presidencia

Realizado

Mellora da seguridade nas zona de minas

Consellería de innovación e Industria

En trámite

Recollida de restos de aceites vexetais de fritadas

Protección Medionatural. Súper Familia.

Realizándose

Recollida casa por casa de restos de plásticos de silos e invernadoiros

Propio Concello

Realizándose

Dotación de 20 colectores de recollida de residuos

Propio Concello

Realizado

Cine tradicional no Multiusos

Consellería de Cultura e Deporte. Igaem

Realizándose

Adecentamento de beirarrúas nna zona urbana

Propio Concello

Realizándose

Clausura do punto de acopio de residuos de Alón

Propio Concello

Realizado

Implementación total da administración electrónica e sinatura dixital

Consellería de Presidencia

En trámite

Varredora industrial para limpeza de viais

Convenio adxudicatara da recollida RSU

Realizado

Concentración parcelaria de Arantón

Consellería do medio Rural

Realizándose

Concentración parcelaria de Santa Sabiña

Consellería do medio Rural

Realizándose

Arranxo da fonte do campo da feira e o seu contorno

Propio Concello

Realizado

Taxa  as aseguradoras por expedición de atestados policiais

Propio Concello (Acordo plenario)

En trámite

Desafectación da escola de Freixeiro para a construción dun tanatorio

Propio Concello (Acordo plenario)

En trámite

Control de velocidade con radar en zona urbana

Dirección Xeral de Tráfico

En trámite

Sinalización da zona urbana con rueiros e servizos

Propio Concello

Realizandose

Uniformidade de vestiario dos obreiros municipais

Propio Concello

Realizado

Nomenclatura e numeración urbana

Correos

En trámite

Apertura da piscina climatizada tamén agosto

Aquagest

Realizado

Inventario de bens municipais

Propio Concello

En trámite

 

 

 

(más…)

Novas de agosto

SANTA COMBA TERÁ PLAN MUNICIPAL DE PROTECCIÓN CIVIL

01.08.07 O Plan Municipal de Protección Civil que xa teñen en marcha ou aprobados outros concellos de similares características ó de Santa Comba, é un documento que esixe a Xunta de Galicia en determinadas situacións de emerxencia, así como para diversos trámites e axudas convocadas pola Dirección Xeral de Protección Civil, e do que o Concello de Santa Comba non dispón ata o momento.

O Plan conterá a relación dos medios humanos e materiais que están a disposición do Concello de Santa Comba no caso de que o municipio e os seus habitantes estivesen expostos a un risco que supuxese danos para as persoas ou o patrimonio urbano. Así mesmo, recollerá tódalas pautas de actuación que se deben levar a cabo para facer fronte a estas emerxencias. Este texto reflectirá un medido exercicio de planificación e de coñecemento dos sinistros que poidan afectar á capital xalleira, así como as accións preventivas, as de control dos perigos que se deben poñer en marcha e as de autoprotección que ten que aplicar cada cidadán.

O Plan Municipal de Protección Civil estará adaptado á normativa vixente na Comunidade Autónoma e terá un exhaustivo catálogo de medios e recursos dispoñibles (públicos e privados), que estarán en constante actualización. Contará tamén con detallados mapas de risco que recollen as  situacións de perigo que poden ter máis probabilidade de ocurrer en Santa Comba, como son incendios forestais, incendios ou explosións urbanas, incendios ou explosións industriais, inundacións por chuvias e desbordamento de ríos, vento, chuvias, accidentes de tráfico, transporte de mercadorías perigosas por estradas, concentracións humanas en espazos pechados e abertos e incluso nevaradas e accidentes aéreos. O fin último do plan é o de acadar un despregamento rápido e eficaz dos operativos municipais ante calquera situación de risco.

No organigrama do mesmo, o alcalde do concello será a máxima autoridade en materia de Protección Civil, polo tanto é o presidente do Plan Municipal de Protección Civil, nun organigrama no que terán cabida outros membros da corporación municipal que traballarán en estreita relación co Xefe do parque de Bombeiros, de Protección Civil e da Policía Local. Todos eles, xunto co secretario do concello, formarán a Comisión Local de Protección Civil, que terá fins de asesoramento e de coordinación dos distintos efectivos que se deban poñer en servizo para solventar a emerxencia. O Alcalde poderá, ademais, integrar neste órgano outras persoas representativas ou entidades vinculadas a Protección Civil, á Garda Civil, á Delegación do Goberno, ó Gobierno Galego, 112 ou 061 como membros permanentes ou como consultores para actuacións en temas concretos, e poderá convocar a este órgano ante una emerxencia prevista ou producida e poderá nomear  un director técnico do plan, que coordinará os equipos de traballo despregados na rúa, e nomear un gabinete de información que se encargará de transmitirlle á poboación as medidas e comportamentos que se deben desenvolverr para acadar o bo funcionamento do operativo.

O Plan Municipal de Protección Civil activarase en función do grao de risco. Así, unha primeira fase é a de alerta, séguelle a alarma e posteriormente a emerxencia.

O ALCALDE COMPROMÉTESE COA ESCUDARÍA ESA MOTOR A SACAR ADIANTE O CIRCUÍTO DE VELOCIDADE E DARLLE UN APOIO CONCRETO Ó AUTOCROSS

01.08.07 Nunha xuntanza levada a cabo o pasado 30 de xullo no Centro Municipal de Cultura entre o alcalde e os membros da xunta directiva da Escudaría Esa Motor, organizadores da actividade deportiva que máis xente congrega en Santa Comba (5.000 persoas nas dúas probas puntuables para o Campionato Galego) como é o Autocross, o primeiro mandatario municipal comprometeuse a sacar adiante o Circuíto de Velocidade sobre Terra de Fontecada, que leva parado desde hai tres anos.

A Consellaría de Agricultura ten cedidos gratuitamente 56.720 m2, repartidos en dúas masas comúns de 18.010 m2 e 38.710 m2 cada unha na zona de Barbeira para o establemento de instalacións e equipamentos municipais a para práctica deste deporte;  de feito, o anterior goberno investiu  algo máis de 12.000 euros  en rozados e limpeza superficial  dos terreos para posteriormente acometer unha serie de obras encamiñadas a poñer en marcha un circuito que, por diversos motivos ,quedou parado.

Na actualidade, e ante as dificultades e alto custo que a Escudería Esa Motor está atopando para seguir mantendo o circuito actual na zona de Marlán, en terreos privados, que ademais son urbanizables, pretenden sacar adiante cando antes o proxecto do novo circuíto para seguir organizando probas do Campionato Galego e estudiar a posibilidades de optar ó Campionato de España.

Así mesmo, o alcalde tamén lle confirmou á directiva da escudaría que nos orzamentos municipais non existe ninguna partida presupostaria en concreto para o apoio o Autocross,  o que leva a que a priori non se saiba o apoio municipal económico a esta actividade. José Antonio Ucha comprometeuse  a solucionar este inconveniente e apoiar o Autocross cunha partida orzamentaria en concreto nos novos presupostos.

(más…)

Novas de xullo

SUBVENCION DE 4.000 EUROS PARA ACTIVIDADES CON EMIGRANTES RETORNADOS

09.07.07 Secretaría Xeral de Emigración. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A Consellería da Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza a través da Secretaría Xeral de Emigración concedeu o Concello de Santa Comba unha subvención por importe de 4.000 euros para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da población retornada e inmigrante.

A cantidade concedida poderá destinarse a accións referidas a programas do eixe de acollida que terán por obxecto a realización de proxectos que faciliten o acceso e a integración dos emigrantes retornados e inmigrantes na sociedade galega a través da creación de servizos de información, orientación e acompañamento no eido xurídico, social e laboral e, de ser o caso, mediante a elaboración de itinerarios personalizados de inserción, a creación de novas prazas de acollida temporal ou reforzo das existentes, a cobertura das súas necesidades básicas, ou a impartición de clases de idiomas.

MELLORA DA COBERTURA DE TELEFONIA MOVIL

11.07.07. Telefónica Móviles. O Concello de Santa Comba entablaou negociacións con Telefónica Móviles para ampliar a cobertura de telefonía móvil no municipio de Santa Comba, en base o acordo no que Telefónica Móviles chegou o pasado día 6 de xuño co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, mediante o cal se dotará de cobertura de telefonía móvil, tanto a aquelas poboacións de entre 150 e 1.000 habitantes, como a zonas de interese estratéxico e a rede ferroviaria de alta velocidade.

O Concello de Santa Comba, cumpre cos requisitos establecidos no concurso público no que se basa dito acordo, e o tipo de instalación virá determinado polo número de habitantes, orografía, as posibilidades constructivas, de acceso e o consumo eléctrico.

Nun principio as melloras de cobertura non terían coste algún para as arcas municipais e serían costeadas integramente por Telefónica Móviles, o concello tería que poñer a disposición da empresa repetidores locais de televisión, depósitos de auga, e edificios municipais. Si esto non fora posible por non contar con elas nas zonas de ampliación ou por non ser viables técnicamente, telefónica móviles instalará a infraestructura necesaria nos terreos que facilite o concello.

Os termos destes posibles acordos estan pendentes dunha xuntaza con representantes de Telefónica móviles, aínda que nun principio desde o concello indicousele a operadora a necesidade ampliala cobertura en  Alón de Abaixo, Alón de Arriba, Armán, Barbeira, Boaña de Arriba, Bustelo, O Busto, Cícere, Cotoleira, O Couto, Estevez, Freixeiro, Grixoa, Guldriz, O Loureiro, Mallón, Montouto, Mourelle, Rebordelos, Sabaceda, Salgueiroas, San Martiño, San Salvador, Ser, As Travesas, Truebe, Ventosa e Vilar de Céltigos, con deficiencias na cobertura, donde telefónica xa está comprobando ás posibles deficiencias asi como noutras zonas que poideran estar en sombra.

XUNTANZA CO ALCALDE DE CORISTANCO PARA O ARRANXO DA ESTRADA QUE COMUNICA AMBOS MUNICIPIOS

17.07.07 A Casa do Concello de Santa Comba foi o lugar elixido, o pasado día 16 de xullo,  polos Alcaldes de Santa Comba, D. José Antonio Ucha Velo, e o seu homónimo de Coristanco, D. Antonio Pensado Plágaro, de cara a establecelas medidas encamiñadas a transferencia á Xunta de Galicia por parte da Deputación Provincial da Coruña, da estrada provincial de 21 Km que une ambas localidades e a súa futura conexión co novo corredor que o goberno autonómico está construíndo entre Carballo e Fisterra.
 
A consecución das transferencias a Xunta de Galicia da titularidade das estradas provinciales de Santa Comba-Coristanco e Santa Comba-Portomouro é o primeiro paso e imprescindible para impulsala mellora adecuada nas comunicacións viarias coa Coruña e Santiago de Compostela, respectivamente.
 
No caso do vial coa capital de Galicia, o goberno xalleiro non descarta solicitar a construcción dun corredor para vertebrar mellor as comunicacións entre Santiago e a Costa da Morte, o que moitos veciños estiman máis que necesario debido o crecente tráfico.

Posteriormente e nunhas declaracións feitas a revista da Costa da Morte “O Acontecer” o Alcalde de Coristanco manifestaba que “A estrada de Coristanco a Santa Comba necesita un desenrolo adaptado ós tempos actuais, xa llo dixen ó presidente da Deputación na última xuntanza que tiven con el, porque é un tramo cunhas curvas terribles. Creo que chegou o tempo de que haxa un novo proxecto, que vai beneficiar ó emprego e ós comercios. É hora de que se resolva o problema desa estrada”.

Pola súa parte o Alcalde de Santa Comba esta pendente dunha xuntanza co presidente da Deputación para presentarlle diversos proxectos entre os que lóxicamente esta o arranxo desa estrada.

(más…)