Inscrición Carrera San Silvestre 2025
V Carreira San Silvestre
"(Obrigatorio)" señala los campos obligatorios
Obras: Plan Camiña rural 2025–2026

Normativa: Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas financiadas ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026 e se convocan as correspondentes ao ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E) (DOG núm. 19, do mércores 29 de xaneiro de 2025).
O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no Plan Camiña rural 2025–2026, cofinanciadas ao amparo da citada Resolución do 30 de decembro de 2024, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), para a concesión das axudas correspondentes ao Plan Camiña rural (que ten por obxecto actuacións de ampliación, mellora ou mantemento cos camiños municipais e que dean acceso, en calquera punto do seu trazado, cando menos, a dúas parcelas agrícolas), agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.
As obras comprendidas en dito Plan Camiña rural 2025 – 2026 son as comprendidas no proxecto que se indica a continuación:
1.- “PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS NAS PARROQUIAS DE ALÓN, SAN SALVADOR DE PADREIRO, MALLÓN E A PEREIRA”, cun valor estimado de 91.750,65 euros e 19.267,64 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 111.018,29 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de febreiro 2025 e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG
As obras comprendidas en dito proxecto foron aprobadas por Decreto de alcaldía núm. 1025/2025, do 09 de xullo; e foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1441/2025 do 25 de setembro, á mercantil Construcciones Ponciano Nieto SL, pola cantidade de 102.703,02 euros euros (I.V.E. engadido), cunha baixa/economía de 8.315,27 euros respecto do orzamento base de licitación.
O contrato administrativo foi formalizado e asinado electronicamente con data de 30 de setembro de 2025.
Asemade, ao abeiro do Plan Camiña rural 2025 – 2026, subvenciónase a contratación do Servizo de Control de calidade das obras.
Este servizo foi adxudicado por Decreto de alcaldía núm. 1391/2025, do 16 de setembro, á empresa “EUROTEC SL”, pola cantidade de 2.652,32 euros (I.V.E. engadido), o que supón unha baixa económica de 9,68 euros.
ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (PEÓN)
- 1 péon (grupo de cotización 10) persoa moza inscrita no sistema nacional de Garantía Xuvenil subvencionada pola Xunta de Galicia.
https://bit.ly/4pjeYAk
XXVII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2025

🎄🖼️ 𝐗𝐗𝐕𝐈𝐈 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐬𝐭𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥
O Concello de Santa Comba convida a toda a rapazada a participar un ano máis no seu tradicional concurso de postais de Nadal.
✨ A postal gañadora converterase na 𝐟𝐞𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 do Nadal 2025 do Concello de Santa Comba.
💶 As tres mellores postais repartiranse 𝟐𝟎𝟎 € en vales de compra para o comercio local
👧 Participantes: cativada de 3 a 12 anos
🎨 Tema: o Nadal
📄 Formato: A4, técnica libre
📅 Prazo de presentación: 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟐𝟗 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨
📍 Lugar de presentación: Casa da Cultura
📌 As bases completas poden consultarse nesta ligazón da páxina web municipal 👉 https://t.ly/CLiFJ
Queremos encher este Nadal de creatividade. Agardamos a túa participación!!