981880075
Seleccionar página

Se tes entre 18 e 30 anos, vives en Santa Comba e che gusta viaxar, Venecia espérate do 2 ó 9 de xullo. Cada participantes terá que facerse cargo do seu viaxe ata Venecia, e do 2 ó 9 de xullo en Venecia a organización correrá co resto dos gastos, manutención, aloxamento, entradas, etc.  Prazo de inscrición ata completar as prazas. Notificarase os participantes cando sexan admitidos, e disporán de 4 días para presentar os billetes e a tarxeta sanitaria europea ou seguro de viaxe. de non presentar esa documentación pasarase a darlle a praza ó seguinte participante por orde de reserva, no email de reserva os participantes que dean o consentimento integraranse nun grupo de Whatsapp, para informar de calque nova.   

Para inscribirse mandar correo electrónico a:  intercambioeuropeo@gmail.com indicando: nome, apelidos, dirección, teléfono ou email de contacto, consentimento de ser o caso para grupo de Whatsapp.