981880075
Seleccionar página
Implantación da separación de biorresiduos en orixe no núcleo urbano.
Instalación do quinto contenedor, o marrón

Temos todos/as un gran reto entre mans, e precisamos da vosa colaboración na “Campaña de segregación de biorresiduos en orixe”. Queremos informarvos de que as Directivas Europeas e Leis Nacionais van impor nos próximos anos a correcta separación dos biorresiduos en orixe (nos domicilios). Para elo, instalaremos na rúa un novo colector de lixo (o marrón).

¿Por que facemos isto?:

  1. Non temos espazo nos vertedoiros e non desexamos ter que construír máis.
  2. Debemos aproveitar tódolos residuos posibles dándolle unha segunda vida.
  3. Debemos coidar o planeta para os nosos fillos e netos.
  4. Poderiamos reducir os custos da factura do lixo nun futuro próximo.

Podemos obter o material necesario proporcionado polo Concello: caldeiro do lixo doméstico e bolsas compostables para separar os biorresiduos na casa.

O reto tamén é para os grandes produtores (viveiros, restaurantes, carnicerías, pescaderías, etc.). Para elo, visitarase cada establecemento, proporcionando a información e material necesario.

Non podemos esquecernos dos máis afectados e interesados, os nosos rapaces e rapazas. Visitaremos os colexios e o instituto, informarémoslles mediante unhas charlas interactivas sobre a importancia deste cambio e así, incrementar a súa concienciación.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

Para participar no proxecto podemos inscribirnos no enlace de abaixo e obter o material (caldeiro marrón, chaves, manual e bolsas compostables).

Grazas pola vosa colaboración.

DIFUSIÓN
FORMULARIO
INSCRICIÓN
MANUAL