981880075
Seleccionar página

Aberto o prazo de inscrición para as primeiras accións formativas encadradas nos Itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.

COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 2: Língua Castelá e Matemáticas.

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Hai distintas localizacións da provincia da Coruña, sendo as máis cercanas a Santa Comba: Baio (Centro El Ábaco) e Negreira (Casa da Cultura).

QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE: Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:

• Ter cumpridos os 16 anos de idade.

• Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).

• Saber ler e escribir.

• Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

• Persoas desempregadas de longa duración (PLD).

• Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).

• Persoas maiores de 55 anos.

• Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.

• Persoas inmigrantes. • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.

• Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex-reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.

• Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

CÓMO E ONDE FACER A SOLICITUDE, PRAZO DE PRESENTACIÓN: A solicitude pode facerse vía telemática ou presencial Preferentemente de forma telemática a través do PORTELO DIXITAL do Concello de Santa Comba no seguinte enlace: https://sede.santacomba.es, na opción PROCEDEMENTOS E TRÁMITES,“PEL-EMPLEO SOSTENIBLE “.

Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou facilitaránse tamén na Oficina de Formación e Emprego do Concello de Santa Comba. Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida ou esta non sexa lexible ou se corresponda coa información solicitada. Prazo de presentación: do día 15 de Abril ao de Maio 2021.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA O ACCESO Á FORMACIÓN: As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:

1. Inscrición e presentación de solicitudes.

2. Baremación de criterios de carácter xeral.

3. Entrevista Persoal

AXUDA ECONÓMICA PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES: Bolsa de 13,45€/día por días lectivos de asistencia, sempre que carezcan de rendas ou ingresos, de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano.Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación ,obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo soamente ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración. No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica. Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a Deputación da Coruña, aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.

Máis información e axuda para as inscricións en:

OFICINA DE FORMACIÓN E EMPREGO Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba

Contacto: Cristina Pereira

Teléfono: 663 72 87 82 E-mail: cristina.pereira@santacomba.es