981880075
Seleccionar página

A través de 4 etapas, toda a veciñanza xalleira e da contorna pode pereregrinar a Santiago de Compostela a través dos treitos da Vía Céltica que unen a Terra do Xallas e a Capital de Galicia.
O Concello de Santa Comba, a través da súa Concellería de Turismo organiza unha peregrinación por etapas que comezará o vindeiro domingo 30 de outubro e que rematará na Praza do Obradoiro o 20 de novembro, logo de percorrer uns 60 km en total, ainda que se poida disfrurtar de etapas de maneira individual.

A Primeira etapa, o 30 de outubro une Castriz con Santa María de Paramos, en Val do Dubra, logo dun precioso percorrido por sendeiros de gran beleza natural, aproveitando unha variante para visitar a emblemática fonte de Vilamaior, pasando polo antigo Hospital de Peregrinos de Carboeiro na Parroquia de Freixeiro, e adentrándose no Concello de Val do Dubra para rematar na localidade de Paramos, onde se unen os ramais norte e sur da Vía Céltica.
A parte norte da Vía Céltica entra no Concello de Santa Comba desde Coristanco nas inmediacións da Braña da Serra en Boaña, achegándose ó lugar de Hospital, onde está constatada a existencia doutro antigo Hospital de Peregrinos, pasando polas proximidades dos dominios da antiga Fortaleza medieval de Castriz, préto de Xallas de Castriz, onde se ubica a Igrexa parroquial de San Pedro de Castriz, punto de saída desta 1ª etapa.

A segunda etapa, transcurre polo outro ramal da Vía Céltica, o Sur, e unirá as localidades de Vilar de Céltigos e Paramos, na travesía máis longa da peregrinación, o domingo 6 de Novembro.
A vía Céltica, desde os portos da Costa da Morte, entraba na Terra do Xallas, despois de atravesar A Terra de Soneira, pola parroquia de San Xoan de Grixoa, sendo Vilar de Céltigos a súa entidade de poboación máis importante ( e a de todo o Concello xalleiro ata comezos do século XX). De Vilar de Céltigos, os camiñantes irán por Mallón, As Antes, atravesarán o río Xallas pola Ponte da Cova, pasarán pos Santa Comba, Salgueiroas, Cruz de Santos, Abuín, para adentrarse na parroquia de Freixeiro por Vilarnovo e, posteriormente achegarse a Paramos.

A 3ª etapa unirá as localidades dubresas de Paramos e Belén, parando por San Román e atravesando o Río Tambre en Portomouro, para subir ata Santa María de Belén, lugar onde está documentado unha miragre cun peregrino fai séculos. Esta etapa, a máis corta do percorrido, terá lugar o domingo 13 de Novembro

A derradeira etapa da Peregrinación Xalleira irá desde Santa María de Belén ata a Catedral de Santiago, nooutro precioso percorrido que albiscará Compostela desde a zona do Monte Pedroso o domingo 20 de Novembro, onde os participantes poderán asistir á Misa do Peregrino dese día.

Esta actividade de promoción dos entornos naturais da Terra do Xallas e dun dos Camiños de Santiago que a atravesan será de balde e os participantes contarán con bus de traslado e o apoio de seguridade da policía Local e do Servizo de Protección Civil de Santa Comba, que axudarán a facer un traxecto o máis seguro posible, axudados pola responsabilidade dos participantes.
As inscricións poden realizarse na páxina web www.santacomba.es.,

Desde o Concello de Santa Comba anímase a tódolos colectivos e veciños a participar nunha actividade que dará a coñecer un percorrido que unía a Costa da Morte e o sepulcro do Apostolo Santiago por terras do interior da provincia da Coruña.