A partir do próximo 1 de xaneiro de 2021 reactivarase a necesidade de renovar a demanda de emprego:
1.- A través da Oficina virtual do Portal de Emprego de Galicia (emprego.xunta.gal), á que poderán acceder co certificado dixital, DNI-e ou solicitando o usuario e contrasinal nunha oficina de emprego.
2.- Dende o teléfono móbil a través da aplicación Mobem, dispoñible para Android e iOS.
3.- Empregando o PIN persoal de 4 díxitos no portal https://emprego.xunta.gal ou mediante unha chamada telefónica ao número 012 (981 900 643).
ATENCIÓN: Nos próximos días remitirán a cada demandante un PIN de 4 díxitos que é persoal e intransferible, que permitirá renovar a demanda de emprego no enlace anterior.
4.- Nos Puntos de Información dos Concellos ou das oficinas de emprego, mediante a impresión dactilar ou PIN.
A demanda de emprego que teña que ser renovada entre o 1 e o 10 de xaneiro, poderán facelo ata o 15 de xaneiro.
Para PEDIR CITA NA OFICINA DE EMPREGO o enlace é o seguinte:
0 comentarios