981880075
Seleccionar página

Obra: Mellora de camiños municipais no Concello de Santa Comba

Plan: Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 (DOG núm. 27, do luns 10 de febreiro de 2020)

O Concello de Santa Comba está a realizar a execución das obras as comprendidas no proxecto denominado “PROXECTO TÉCNICO DE MELLORA DE VIAIS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE SANTA COMBA “PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021”, cun valor estimado que ascende a 49.575,02 euros e 10.410,75 euros de IVE (21%), que ascende a un orzamento base de licitación de 59.985,77 euros; cun prazo de execución de tres (3) meses ; así como o control de calidade das obras executadas, para o que se ten contratado dito servizo por un importe de 1.533,00 euros, e 321,93 euros de IVE, que ascende a un importe total de 1.854,93 euros, todo elo cofinanciado ao amparo da citada Resolución do 19 de decembro de 2019, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), das axudas correspondentes ao plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba. As obras foron adxudicadas polo importe total, 21% de IVE incluído, de 46.015,08 euros, segundo se indica a continuación: