981880075
Seleccionar página

A compostaxe doméstica, unha realidade en Santa Comba.

En Santa Comba, a 7 de xuño de 2023.

O Concello de Santa Comba quere expresar o seu máis profundo agradecemento a toda a veciñanza que participa activamente no proxecto de compostaxe doméstica. O seu compromiso e entusiasmo foron vitais para impulsar esta iniciativa e promover prácticas sostibles na comunidade.

Grazas á valiosa colaboración de cada fogar que se uniu ao programa de compostaxe doméstica, conseguíronse importantes avances na loita contra o cambio climático e na procura dun futuro máis sostible. A redución da cantidade de residuos orgánicos que chegan aos colectores da rúa, grazas a esta iniciativa, permite pechar o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.

É importante destacar que este proxecto non sería posible sen o apoio financeiro e o respaldo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Animamos a todos os veciños de Santa Comba a seguir participando en iniciativas coma esta. A compostaxe doméstica é unha forma práctica e efectiva de reducir a nosa pegada de carbono, promover a reutilización dos recursos naturais e fortalecer a resiliencia do noso entorno.

Recordamos a todas as persoas interesadas que o programa de compostaxe doméstica segue en marcha e está aberto a novas inscricións. Se desexades formar parte desta iniciativa educativa e formativa, convidámosvos a completar o formulario en liña dispoñible en https://www.elcaminosostenible.org/biorresiduos/ ou acudir directamente á casa do concello.

Para obter máis información, tamén se pode contactar a través do número de teléfono do concello (981 880 075).

Concello de Santa Comba.