Dende o Concello de Santa Comba, queremos amosar o noso apoio a todas aquelas iniciativas que se leven a cabo amparadas pola legalidade, con respecto á defensa dos dereitos e intereses das nosas veciñas e veciños, afectados polo desenvolvemento de plans eólicos na zona.Neste senso a alcaldesa María J. Pose Rodríguez, remarcou que a enerxía verde non pode chegar a calquera precio, e debe respectar o benestar das nosas veciñas e veciños e o impacto ambiental, visual, paisaxístico e ecolóxico».