O Concello de Santa Comba pon a disposición da veciñanza o servizo Punto de Información Catastral (PIC), autorizado pola Dirección Xeral do Catastro.
O Punto de Información Catastral é unha oficina onde os cidadáns poden acceder á información catastral como consultas e certificacións de datos non protexidos e, que en caso de titulares catastrais ou os seus representantes debidamente autorizados, poderán acceder a consultas de datos catastrais protexidos relativos aos inmobles da súa titularidade.
Coa posta en marcha deste novo servizo, totalmente gratuito, búscase dar unha mellor resposta ás necesidades dos veciños/as do noso municipio sen que teñan que desplazarse ata outros concellos para conseguir os seus certificados.
PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS
A Consellería de Educaciónconvocaun procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Cualificacións profesionais convocadas:
Familia Administración e xestión:
Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
Actividades de xestión administrativa Familia Agraria:
Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
Aproveitamentos forestais
Actividades de floraría
Produción de sementes e plantas en viveiro Familia Comercio e márketing: Actividades de venda
Organización e xestión de almacéns
Actividades de xestión do pequeno comercio
Xestión comercial inmobiliaria Familia Edificación e obra civil: Fábricas de albanelaría
Armaduras pasivas para formigón
Cubricións inclinadas
Encofrados
Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
Pavimentos e albanelaría de urbanización
Revestimentos con pastas e morteiros en construción
Colocación de pedra natural
Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
Pintura decorativa en construción
Revestimentos con pastas e morteiros en construción
Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción Familia Electricidade e electrónica: Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos Familia Fabricación mecánica: Mecanizado por arranque de labra
Soldadura
Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial Familia Hostalaría e turismo:
Cociña
Repostaría
Pastelaría e confeitaría
Servizos de bar e cafetaría
Servizos de restaurante
Recepción
Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos Familia Imaxe persoal: Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe
Coidados estéticos de mans e pés
Peiteado
Coidados estéticos de mans e pés Familia Industrias alimentarias: Repostaría
Panadaría e bolaría
Pastelaría e confeitaría Familia Informática e comunicacións: Sistemas microinformáticos
Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
Operación de redes departamentais
Operación de sistemas informáticos Familia Instalación e mantemento: Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción
Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas
Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas Familia Madeira, moble e cortiza: Traballos de carpintaría e moble
Mecanización de madeira e derivados
Acabamento de carpintaría e moble
Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
Mecanización de madeira e derivados
Instalación de mobles
Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
Instalación de elementos de carpintaría Familia Química: Operacións básicas en planta química
Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares
Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química
Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
Ensaios físicos e fisicoquímicos
Análise química Familia Sanidade: Transporte sanitario
Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
Farmacia Familia Servizos socioculturais e á comunidade: Educación infantil Familia Transporte e mantemento de vehículos: Pintura de vehículos
Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o3 de febreiro de 2017 As solicitudes están dispoñibles enhttps://sede.xunta.es/co procedementoED517B