981880075
Seleccionar página

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, asistiu o pasado venres 12 de decembro a “Festa de Nadal” do centro sociocomunitario de Santa Comba que se desenvolveu no baixo da vivenda comunitaria.A actividade, na que colaborou o concello xalleiro, contou cun baile amenizado polo dúo Élite.

María Pose felicitou ás festas ós alí presentes, e lembrou a colaboración que está prestando o goberno local ás actividades do centro
sociocomunitario e o interese por todo o relacionado con este tipo de iniciativas.
Despois da súa intervención tivo lugar o sorteo de catro cestas de nadal entre os asociados que foron entregadas pola propia alcaldesa.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA