Comunicación Previa Para a Cacharela de San Xoán en Terreos Privados.

Antes de cubrir o formulario LER O BANDO

𝗗𝗜𝗥𝗜𝗫𝗜𝗗𝗢 𝗔𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗦𝗔𝗡𝗧𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗕𝗔

𝗥𝗘𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗔:

𝗠𝗼𝘁𝗶𝘃𝗼:
𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗿𝗲𝘁𝗲𝗻𝗱𝗼 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗰𝗮𝗰𝗵𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮 𝗼 𝗱í𝗮 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼 𝗰𝗼𝗻 𝗺𝗼𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗱𝗮 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗫𝗼á𝗻 𝗲𝗻:

𝗔/𝗢 𝘀𝗼𝗹𝗶𝗰𝗶𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗺𝗮𝗻𝗶𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗲 𝗱𝗲𝗰𝗹𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗼ñ𝗲𝗰𝗲𝗿, 𝗲 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗼𝗻𝘀𝗮𝗯𝗶𝗹í𝘇𝗮𝘀𝗲 𝗱𝗲 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗶𝗿, 𝗮𝘀 𝗻𝗼𝗿𝗺𝗮𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗯𝗹𝗲𝗰𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗻𝗼 𝗕𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗔𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱í𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝗰𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗮𝘀 𝗰𝗮𝗰𝗵𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮𝘀 𝗱𝗼 𝗮𝗻𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟬 𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗼𝗻 𝗮𝘀 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲𝘀:

𝗡𝗢𝗥𝗠𝗔𝗦 𝗕Á𝗦𝗜𝗖𝗔𝗦

1.- Con motivo da situación extraordinaria ocasionada polo COVID-19, este ano non están permitidas as cacharelas en terreos públicos. Soamente será posible realizar cacharelas en terreos privados.

2.- O número máximo de persoas que se poidan reunir en grupo para a celebración desta festividade axustarase ao disposto na normativa vixente o día 23 de xuño de 2020 reguladora da situación de emerxencia sanitaria, así como das demais recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

3.- Os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer os seguintes números de teléfono:

POLICÍA LOCAL: 618 843 148

PROTECCIÓN CIVIL: 981 881267

EMERXENCIAS: 112

4.- Zona urbana: O volume de combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro e 6 metros de perímetro, nin os 3 de altura.

Zona rural.- O volume do combustible da cacharela non excederá os 3 metros de diámetro, ou 9 metros de perímetro, nin o 3 metros de altura.

5.- A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será como mínimo de 20 metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables nin vehículos.

6.- Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.

7.- En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros.

8.- A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa total extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante o vento, e poida dificultarse a vixiancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse.

gl_ESGalego
es_ESEspañol gl_ESGalego