981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

A AFECCIÓN DE SANTA COMBA AO IOGA

0

IOGA MASTER 1 ioga master 2

A AFECCIÓN DE SANTA COMBA AO IOGA

Este fin de semana celebrouse un novidoso e especial evento en Santa Comba. Unha Masterclass de Ioga Integral, que foi o punto de partida do segundo trimestre dunha actividade que está calando e moito na sociedade xalleira: o ioga.

Durante este curso, desde a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Santa Comba impulsouse unha modalidade, que xa viña tendo adeptos nos últimos anos, pero que co paso do tempo vaise incrementando, chegando a xente de todas as idades, incluso aos nenos.

A Masterclass de comezo de ano contou con moitos dos alumnos habituais das clases, pero ademais déuselle un formato máis amplo. Esta clase era diferente e máis completa que a habitual para permitir o perfeccionamento nesta disciplina e tamén a accesibilidade; xa que cada alumno/a podía levar un convidado, para que probase co ioga, co que no Salón de Actos da Vivenda Comunitaria xalleira, escenario habitual das clases, creosuse un ambiente moi agradable, familiar e festivo.

Durante esa mañá de convivencia, tocáronse as diferentes disciplinas do ioga como o “Hata Yoga” (ioga físico e a respiración), o Raja Yoga (ioga do coñecemento e a sabiduría), o “Jana Yoga” (meditación) e o Mantra Yoga (ioga da música).

Esta novidosa experiencia foi moi positiva a todos os niveis, tanto en participación como en satisfacción xeral, e contemplase a posibilidade de poder realizar estas Masterclass cada certo tempo como forma de perfeccionamento dos alumnos que habitualmente asisten ás clases e tamén para dar a o coñecer a actividade e que todo aquel que queira   probar co ioga, o poida facer nun horario de fin de semana.

As clases do segundo trimestre do Curso de Ioga comezarán a partir do 22 de Xaneiro, tanto para adultos coma para nenos, os martes e xoves, con horarios matinais e de tarde. Durante o primeiro trimestre, a participación foi moi numerosa, superando os 60 alumnos/as, baixo a supervisión e docencia de Alexandra Fernández Rogers, mestra e Formadora en Ioga e Meditación Integral e Master en Ioga para nenos.

A xente que desexe reservar a súa praza ou apuntarse na actividade de Ioga en Santa Comba todavía está a tempo.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR