981880075
Seleccionar página

SANTA COMBA CELEBRARÁ O 1º CERTAME GANDEIRO-CABALAR O 17 DE SETEMBRO

O Concello de Santa Comba recuperará unha tradición de certame ecuestre que se remonta moitos anos na historia xalleira. Ainda que esta edición do 2017 é especial, dada a calidade da proposta do concurso de Pura raza Española, Pura raza Árabe, Raza Galega e Cruzada.
O escenario, o centro da vila, a Praza do Campo da feira, que reunirá aos melllores exemplares equinos da comunidade galega e varios chegados desde Castela León.
Ademáis do Concurso Morfolóxico, haberá Roteiro Cabalar polo Concello, aberto á participación de tódolos cabaleiros que o desexen, tamén con premios á participación; e unha das actividades esteleres e máis significativas que será un espectáculo de danza Ecuestre, que se espera, congregue a máxima atención comarcal.
Nas vindeiras datas iremos ampliando a información, e animando á participación tanto de público como de concursantes a este evento que engarza coa historia de Santa Comba, tan ligada ao mundo ecuestre.