981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Seminario: Aplicacións a Escala Web

0

Seminario:  Aplicacións a Escala Web

Data:           martes, 01 de marzo, de 09:30 a 13:30 horas

A data tope para inscribirse é 17 de febreiro.

AULA CEMIT – EDIFICIO MULTIUSOS – 981 81 87 10

 

Organizado Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 1 de marzo de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre aplicacións a escala web.

O relator da xornada será Javier Moreno Martín, enxeñeiro informático con máis de 20 anos impartindo formación en diversas tecnoloxías é áreas: Cloud, big data, Java, Hadoop, MapR, MongoDB etc … Javie é AWS Authorized Trainer e está en posesión das certificación de Oracle Certified Associate, Oracle Certified Java SA 7 programmer, MongoDB Certified Developer, Scrum Manager Certified e AWS Certified Solutions Architect – Associate.

Obxectivos

Durante o seminario explicarase como deseñar, implementar, probar e despregar aplicacións capaces de soportar millóns de usuarios. O acto terá un enfoque práctico que se levará a cabo cunha demostración baseada en Java, SpringBoot, Netflix, OSS e AWS (aínda que os conceptos poden aplicarse a calquera tecnoloxía).

Temario

Aplicacións a escala web

  • Introdución. Cambio de necesidades: de 1.000 a 1.000.000 de usuarios
  • Escalabilidade, elasticidade e fiabilidade con cloud
  • Microservizos: o caso de Amazon e Netflix
  • Implementación con Spring Boot e NetflixOSS
  • Configuración centralizada
  • Rexistro e autodiscovery
  • Balanceadores de carga: ELB vc Zuul
  • Creación dun API Rest asíncrona
  • Test e integración continua
  • Utilizando S3 como repositorio de artefactos
  • Despregue en máquinas virtuais
  • Autoescalado de servizos

Aulas CeMIT

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR