981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Posta en marcha da Axencia municipal do Banco do Tempo

0

O Concello de Santa Comba, dende a súa Concellaría de Persoal, Comercio, Turismo, Promoción e Emprego pon en marcha e implanta a Axencia Municipal do Banco do Tempo, consistente en:

¿ QUE É O BANCO DO TEMPO? O Banco do Tempo é o primeiro banco que funciona sen diñeiro. En este banco únicamente se pode depositar tempo, que se retira no momento de empregalo.No Banco do Tempo unha persoa deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servizo que desexa dar e, a cambio, pode solicitar tempo doutra persoa para resolver necesidades e actividades da vida cotiá. ¿QUE SERVIZOS PODEMOS INTERCAMBIAR NO BANCO DO TEMPO? Acompañar á nenos/as ó colexio ou a outras actividadesAcompañar á persoas maiores ó médico, á farmacia, ó banco, etcAxudar coas tarefas escolaresRealización de tarefas realcionadas co manexo do ordenadorFacer a compra a persoas maiores ou enfermosAxudar en pequenas limpezas ou reparacións domésticasCoidar animais ou plantasAxuda para a realización de xestións de índole administrativaAcompañar en diferentes actividades relacionadas co tempo de lecer (xogar as cartas, ensinar a facer gancho ou calceta, conversar coa xente maior na súa casa,…) Estes son soamente algúns exemplos de intercambios. O banco do tempo ofrece múltiples oportunidades de dar e recibir. ¿ COMO SE PODE FORMAR PARTE DO BANCO DO TEMPO? Todas as persoas temos cousas para dar e pedir. Calquera persoa, muller, home, maior ou xoven que resida no Concello pode inscribirse no Banco do Tempo cumplimentando o impreso de adhesión ou chamando por teléfono.En tódolos casos é necesario manter unha entrevista coa coordinadora do Banco para poder decidir que podemos dar e que solicitamos recibir.

A admisión no Banco do Tempo implicará a aceptación das normas de intercambio.

Información e inscripción: Banco Municipal do Tempo do Concello de Santa Comba. Casa da Cultura. Avda. Alfonso Molina s/n 15840 Santa Comba. Telf.: 981 818679 – Fax: 981 880401 – E-mail: bancodetempo@santacomba.es
Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR