981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

O BANCO DO TEMPO DO CONCELLO DE SANTA COMBA ÚNESE Ó BLOG DE BANCOS DO TEMPO DA COSTA DA MORTE

0

 

O CONCELLO DE SANTA COMBA ÚNESE Ó BLOG DOS BANCOS DO TEMPO DA COSTA DA MORTE

 

 A técnico responsable do Banco do Tempo acudiu o pasado 4 de marzo ó segundo encontro realizado polos axentes dos bancos de tempo que conforman o blog da Costa da Morte, para así unirse á iniciativa. O blog confórmano actualmente varios axentes dos bancos de tempo de municipios da zona da costa da morte. Ademais do de Santa Comba, atópanse os seguientes: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Coristanco, Laxe, Val do Dubra, Vimianzo e Zas.

Coa creación do blog preténdese conseguir un mellor acceso do público a toda información das actividades e últimas novas que sucedan en cada un dos Bancos. Ó mesmo tempo, o blog permitirá crear una espazo onde os diferentes axentes dos bancos do tempo comentarán as súas experiencias nos intercambios realizados ou nas actividades que se estean levando a cabo; ademais de ofrecer a oportunidade de ter acceso a toda a información adicional que lles interese de calquera dos bancos que confoman o blog.

Accede á páxina picando aquí: www.bdtcostadamorte.ohlog.com

Lembren que este blog tamén é unha maneira máis de participar no Banco de Tempo do Concello de Santa Comba e que, ademais, a través del poderán presentar tódalas dúbidas ou propostas que teñan sobre os bancos.

 

 

Para mais información pode poñerse en contacto coa axente do banco do tempo nas oficinas da Casa da Cultura, ben chamando ó teléfono 981 818679 ou a través do correo electrónico: bancodetempo@santacomba.es

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR