XVI Poxa de Xovencas


Poxa de Xovencas e charla sobre as axudas da PAC.

Santa Comba acollerá o vindeiro sábado 8 de marzo, a XVI Poxa de Xovencas de raza frisona que se celebrará no recinto feiral desde as 15,00h. Será unha compravenda subvencionada. O concello achegará unha axuda de 150 euros por cada xovenca mercada. Tamén se agasallará aos compradores con seis doses de seme de Torrel e Salnés e dez rifas para o sorteo dunha tenreira de raza frisona que terá lugar no mesmo recinto.
Como aperitivo a referida poxa de xovencas, a concellería de Medio Rural, que dirixe Juan Carlos Landeira Castro, organizou unha charla que contará coa presenza da Directora Xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, que falará sobre un tema relevante:”Axudas da nova PAC.Influenza na gandería galega”. A conferencia comezará as 11,30h e será na Vivenda Sociocomunitaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *