981880075
Seleccionar página


Xornada de debate en Santa Comba

O concello de Santa Comba participa no programa europeo “Juventud en Acción”, financiado polo Instituto de la Juventud de España(INJUVE), cun proxecto denominado “Herramientas de estímulo para el empleo juvenil”.

Por este motivo, este vindeiro xoves, 24 de outubro o salón noble da Casa do Pozo acollerá unha xornada de debate e reflexión sobre o emprego xuvenil no que participarán mozos de oito nacións europeas.

En total son 36 xóvenes de Hungría, Portugal, Noruega, Italia, Rumanía, República Checa, Reino Unido e España. Despois da xornada de traballo, os asistentes realizarán unha excursión pola Costa da Morte.

Este mércores, serán recibidos na Deputación provincial de A Coruña polo vicepresidente Antonio Cañás, e aproveitarán para visitar cidade herculina. Xa o venres e sábado, asistirán ao congreso internacional da xuventude que se vai a desenvolver en Ribeira, e onde estará tamén representado o concello de Santa Comba.