981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Xuntanza de alcaldes polas axudas polos temporais

0


Os rexedores decidiron presentar unha alegación conxunta.

O concello de Santa Comba acolleu unha xuntanza de alcaldes da zona , que despois de analizar o decreto que regula as axudas polos efectos dos temporais deste ano, decidiron solicitar ao Ministerio do Interior, mediante unha alegación conxunta, a inclusión destes municipios da referida orde (INT/70172014) publicada no BOE.

Este concellos do interior da provincia da Coruña entenden que deben ser beneficiarios desta liña de axudas, xa que tamén sufriron desperfectos importantes nas súas infraestruturas e na rede viaria.
A esta xuntanza asistiron os alcaldes de Santa Comba, Negreira, A Baña, Zas, Coristanco e Val do Dubra, así como o teniente de alcalde de Mazaricos, que acordaron realizar respectivas memorias dos desperfectos causados, para presentar xunto coa antes referida alegación.

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira considera “xusto e razonable” que o goberno central atenda esta petición “porque os temporais de vento deixaron desperfectos importantes nesta comarca” e puxo como exemplo os danos causados no seu concello que afectaron a vías e bens e incluso orixinando destrozos cuantiosos no edificio multiusos local.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR