981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

XII Concurso de debuxo e pintura do “Nadal”

0


Postal ganadora.
O concello de Santa Comba fallou o tradicional concurso de debuxo e pintura “O Nadal” e que sirve para elixir a postal coa que o alcalde, Antonio Landeira felicitará as festas. Nesta duodécima edición o xurado elixiu un traballo de Miriam Cabanas Gesto, alumna do C.R.A. de Santa Comba. O segundo premio foi para Adela Lois Ordóñez (Nosa Señora da Inmaculada) e o terceiro recaeu en Analía Míguez González(Barrié de la Maza). Houbo tres accésits. Para Noelia Blanco Calvo(Pepe de Xan Baña), Noa Espasandín Martínez(Nosa Sra. da Inmaculada) e Raluca Yoana Constantineasa(Nosa Sra. da Inmaculada).

O Xurado estivo composto pola concelleira de Cultura, María José Posé Rodríguez, e por representantes dos distintos centros educativos: Mariña García de San León(C.E.I.P. Pepe de Xan Baña), Beatriz Quintela Fernández(C.P.R. Nosa Sra. da Inmaculada), María Dolores Gerpe Castro(C.E.I.P. Barrié de la Maza), e Jesús Manuel Mosquera Baamonde(C.R.A Santa Comba).

O concurso está destinado a escolares do concello de entre 6 a 16 anos. Os traballos seleccionados exporánse no edificio Multiusos desde o 12 de decembro e ata o 12 de xaneiro. O acto de entrega dos premios terá lugar o xoves 15 de decembro as 18,00h no Multiusos

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR