981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

XALLEIROS 2014

0


Este vindeiro venres no multiusos

A gala “Xalleiros 2014” que se desenvolverá o vindeiro venres desde as 9 da noite no multiusos de Santa Comba, presentada por Isabel Blanco, recoñecerá o traballo de varias persoas.
Este ano a relación de premiados esta´composta pola profesora dona Rosa María Gómez Vidal(Educación), polo músico José Amigo Ramos(Cultura), e tamén se recoñecerá a traxectoria dunha persoa moi vencellada a emigración xalleira no Brasil, cunha importante laboura social na Residencia Apóstol Santiago, como é Regina Jallas.
Como xa é costume tamén haberá recoñecementos no campo do deporte. Este ano o premio será para o futbolista Sergio Prego “Doro” e haberá un premio a “título póstumo” para o finado Antonio Mouro, tamén moi ligado ao deporte no concello.

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira destacou “a meritoria traxectoria de tódolos premiados, que os fai merecedores destes recoñecementos, que pretenden render homenaxe precisamente a xalleiros ilustres que nos deben servir de exemplo”.

A gala “Xalleiros 2014” contará coa actuación de Lucía Pérez e Fran Allo, e terá outras sorpresas que se coñecerán na propia velada.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR