981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Unha nova centenaria no concello

0


María Josefa Espasandín Caamaño cumpriu 100 anos.

A veciña de Santa Comba Dona María Josefa Espasandín Caamaño cumpriu o pasado sábado 10 de Maio, 100 anos.

Co motivo do seu centenario Dona María Josefa recibiu na súa casa de Rieiro (Arantón), onde sempre viviu, á familiares e amigos ao longo da tarde. Tamén recibiu as felicitacións do Alcalde Antonio Landeira e da Concelleira de Servizos Sociais María Josefa Pose, os cales lle fixeron entrega dun ramo de flores e unha tarta. A centenaria agradeceu a todos a súa presencia, pois a pesar da súa avanzada idade, ten un carácter moi agradable, e goza dunha saúde excelente e de total lucidez.

Dona María Josefa, nacida o 10/05/1914 estivo casada durante 66 anos e quedou viuva fai sete. Non tivo fillos, pero presenta como tal á súa bisobriña a cal criou dende nena e coa cal vive hoxe en día. Ela comenta que traballou moito durante a súa vida; algo na mina de Barilongo e case sempre na labranza, e que durante este siglo a vida cambiou moito, pero para mellor. E unha persoa moi faladora, con moita memoria e a que lle gusta moito xogar ás cartas cos amigos e familiares. Según a súa familia, sempre foi comprendendo e adaptándose aos cambios, polo que é moi fácil convivir con ela.

Moitas felicidades Dona “Maripepa” como é para todos coñecida e querida.

FONTE DA NOTICIA- Departamento Servizos Sociais

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR