981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

SUSPENSIÓN LICITACIÓN CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL EN CASTRIZ E CONCESIÓN NOVO PRAZO OFERTAS

0
DECRETO Nº: 1901/2008.- SUSPENSIÓN LICITACIÓN EXPEDIENTE CONTRATACIÓN OBRA “INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL NO LUGAR DE CASTRIZ -CONCELLO DE SANTA COMBA-“, PROCEDER SUBSANACIÓN CLASIFICACIÓN E CONCESIÓN NOVO PRAZO PRESENTACIÓN OFERTAS.
Visto o recurso de reposición presentado nas oficinas municipais por dona VERÓNICA VAZ VÁZQUEZ, con DNI nº: 33.822.772-R, actuando en nome e representación da FEDERACIÓN GALLEGA DE LA CONSTRUCCIÓN, na súa condición de secretaria xeral da mesma, sinalando como domicilio, a efectos de notificacións, r/ Senra, nº 21-2º -15702, con rexistro de entrada nº 7502, do 21/11/2008, contra a clasificación dos contratistas que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares da obra “INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL NO LUGAR DE CASTRIZ -CONCELLO DE SANTA COMBA-“, aprobados por resolución da alcaldía 1609/2008, do 7 de novembro de 2008, xa que logo a clasificación esixida para a realización da obra Grupo G, subgrupo 4, categoría d), é incorrecta.
Considerando:
                 1.- Que a clasificación esixida para a realización de dita obra era a Grupo G, subgrupo 4, categoría d, tal como consta no proxecto redactado ó efecto.
                  2.- Que o devandito proxecto, foi supervisado polos servizos técnicos municipais e a oficina de supervisión de proxectos da Deputación Provincial da Coruña sen que advertisen, no respecto á clasificación, a necesidade de realizar corrección ningunha.
                  3.- Que a Federación Galega da Construción presenta recurso de reposición en tempo e prazo, tendo lexitimación suficiente para súa presentación.
                  4.- Que o redactor do proxecto da obra, don Juan López Fouz, á vista do recurso de reposición presentado, en escrito do 4 de decembro de 2008, con rexistro de entrada nº 7877, comunica que trala consulta da regulamentación vixente a clasificación deberá ser: Grupo 6, subgrupo 6, categoría c). Procedéndose nese intre á subsanación do erro advertido.
5.- Que se publicaron anuncios de licitación no BOP nº 263 do 14 de novembro de 2008 e DOG nº 226 do 20 de novembro de 2008 así como no diario El Correo Gallego do día 12 de novembro de 2008.
6.- Advertido pois do erro no procedemento de contratación, que no garante a presentación de empresas que non contaban coa especialización demanda e que si o poderían facer con esta clasificación.
7.- O órgano competente para aprobar e adxudicar o contrato é o Sr. alcalde-presidente, ó abeiro da Disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público.
Á vista do artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de 2008, as Administracións Públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, en calquera momento, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.
Examinada a documentación que a acompaña, e de conformidade co establecido nos artigos 93 e 94 e a Disposición adicional segunda da LSCP).
RESOLVO
Primeiro.- Estimar as alegacións presentadas pola FEDERACIÓN GALLEGA DE LA CONSTRUCCIÓN, contra a clasificación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares da obra “INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL NO LUGAR DE CASTRIZ -CONCELLO DE SANTA COMBA-“, aprobados por resolución da alcaldía 1609/2008, do 7 de novembro de 2008, polos motivos expostos.
Segundo.- Suspender a licitación convocada mediante os anuncios citados anteriormente.
Terceiro.- Notifíquese ás empresas que teñan concorrido á licitación, significándolles que poden proceder á retirada da documentación presentada, publicándose igualmente o correspondente anuncio de suspensión, con carácter de urxencia. No caso de que ditas empresas decidisen manter a súa proposta, xa que logo posúen a clasificación esixida, deberán manifestalo verazmente por escrito e dentro do prazo establecido ao efecto.
Cuarto.- Corrixida a clasificación do proxecto, procédase a continuación da tramitación da licitación, concedendo un novo prazo para presentación de ofertas a partir do último anuncio que se publique no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da Provincia ou no Perfil do contratante da páxina web municipal así como no diario El Correo Gallego.
Quinto.- As restantes condicións do prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares así como a declaración de tramitación urxente do expediente, aprobadas por resolución nº 1698/2008, do 7 de novembro de 2008, quedarán vixentes e sen alterar.
Mándao e asina o Sr. alcalde-presidente, don Miguel Pérez Fernández, en Santa Comba, catro de decembro de dous mil oito, de todo o cal, eu como secretaria, dou fe.
O ALCALDE-PRESIDENTE, A SECRETARIA,
Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR