981880075
Seleccionar página


Novo servizo no complexo deportivo de Fontenla


Os veciños e veciñas de Santa Comba xa poden díspor dunha pista de pádel, que está ubicada no complexo deportivo de Fontenla e que foi construída grazas ao Fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia.

O alcalde Antonio Landeira, que inspeccionou a pista acompañado polo concelleiro de Deportes, José Pose Pazos, destacou a importancia deste novo servizo para os xalleiros e lembrou que “desde este goberno pensamos que é moi importante aumenta-la oferta de infraestruturas deportivas porque repercuten na mellora da calidade de vida e son tamén un atractivo para o entretemento dos nosos veciños”.

A pista de pádel de Santa Comba conta cunhas dimensións de 10×20 metros e necesitou dun investimento aproximado de 36.000 euros. É unha pista dobre, que permite xogar a dúas parellas simultáneamente.

As instalacións xa están operativas. O custo por sesión é de 1,50 euros persoa. Pódese face-la reserva no departamento de Deportes. 663728964.