981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Santa Comba volcouse con La Vuelta

0


Estupendo ambiente nas rúas xalleiras.

Xa foron moitos os xalleiros que se acercaron o xoves a presenciar a etapa que remataba no miradoiro do Ézaro, no concello veciño de Dumbría. Pero este último día do mes de agosto La Vuelta ciclista a España 2012, atravesaba o noso concello.

As grandes expectativas dunha proba deste calado vírense recompensada coa gran movilización de xalleiros que animaban desde as beirrarúas os ciclistas que viñeron a gran velocidade de Negreira en dirección a Carballo.

 

Numerosos veciños observaban, aplaudían, facían fotos e animaban ós deportistas que se fixeron ver pola avenida de Santiago e pola céntrica avenida Alfonso Molina antes de baixar en dirección a Santa Catalina, onde colleron o cruce para ir pola rúa María Pita, rumbo as terras de Castriz e Bergantiños.Entre o público, non faltou o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, o concelleiro de Deportes, José Pose e membros da corporación.

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR