981880075
Seleccionar página


Santa Comba impulsa un proxecto con varias entidades europeas.

Santa Comba participa nun proxecto europeo xunto con outros 8 colectivos de cinco paises europeos

A iniciativa permitirá a participación de xóvenes xalleiros nun proxecto de intercambio cultural e debate sobre temas como o emprego, o voluntariado ou a novas tecnoloxías.

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira viaxou a Sicilia, onde participou nunhas xornadas preparatorias dun programa europeo xunto con outros nove colectivos de Italia, España,. Bulgaria, Rumanía e Eslovenia, entre os que destacan varias asociacións xuvenís e concellos.Estas xornadas foron organizadas pola mancomunidade de concellos denominada “L´Unione dei Comuni delle Valli Joniche dei Peloritani”.
Esta visita enmárcase dentro dun proxecto no que se pretende involucrar a xóvenes do concello de Santa Comba, e que derivará nun encontro da mocidade que se celebrará o vindeiro mes de maio en Sicilia(Italia) e no que estarán presentes representantes dos cinco países participantes.
Este proxecto está respaldado pola Unión Europea e pertence o programa Juventud en Acción.O obxetivo e promover debates nos diferentes países sobre diálogo interxeracional sobre temas como a solidariedade entre xeracións, o voluntariado, a inclusión social, novas tecnoloxías, emprego ou envellecemento activo.O alcalde xalleiro, cree que se trata “dun programa moi interesante a e participativo e que pode abrir portas a nosa mocidade”.