981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Santa Comba celebrou a gala “Xalleiros”

0


Edición 2014 da gala organizada polo concello.

O multiusos acolleu a segunda edición da gala “Xalleiros” cunha importante participación veciñal que se achegou ao auditorio para asistir a celebración dunha gala que foi dirixida e presentada por Isabel Blanco.

O evento contou coa actuación de Fran Allo, Lucía Pérez e o acompañamento musical do profesor da Escola de Música moderna local, Ramón Leis. Numerosos persoeiros como Arsenio Iglesias, Xosé Ramón Gayoso, ou o futbolista Manuel Pablo enviaron as súas mensaxes que foron reproducidas en vídeo durante a función.

Os premiados foron Rosa María Gómez Vidal, Sergio Prego Cancela “Doro”, Antonio Mouro Mouro(título póstumo), José Amigo Ramos e Regina Jallas Suárez.

Os encargados da entrega de premios(por orde) foron María Pose Rodríguez(teniente de alcalde), José Pose Pazos(concelleiro de deportes), Antonio Landeira Gallardo(alcalde), Javier Facal Calvo(concelleiro) e Antonio Rodríguez Miranda(secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia).

Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR