981 880 075 Pza. Concello, 1 - 15840 Santa Comba

Santa Comba acolleu unha poxa de frisonas

0


Santa Comba acolleu unha nova edición desta poxa.

Santa Comba acolleu o pasado sábado 8 de marzo unha nova edición de Poxa de Xovencas de raza frisona que organiza anualmente a concellaría de Medio Rural xunto con Africor Coruña.

Nesta edición, as ventas superaron os 53.000 euros, poxándose as 21 xovencas inscritas a unha media de 2.540 euros. A máis cotizada foi un exemplar dunha explotación de Touro.O concello subvencionou cada compra con 150 euros.

Pola mañá, nos baixos da Vivenda Comunitaria tivo lugar unha conferencia a cargo da Directora Xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, que informou e aclarou dúbidas sobre as axudas da PAC. Estivo acompañada polo alcalde, Antonio Landeira Gallardo e polo responsable do departamento organizador, Juan Carlos Landeira Castro.

Desde o concello de Santa Comba valoraron positivamente este xornada e reiteraron o seu compromiso por seguir con esta poxa e con actividades informativas e outras iniciativas que sirvan para apoiar “un sector fundamental en Santa Como é o leiteiro”.


Compartir

Publicar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y realizar estadisticas ACEPTAR