981880075
Seleccionar página

Sintonízase no 107.5 da F.M.

A emisora municipal de Santa Comba iniciou no día de hoxe,11 de novembro as súas emisións , despois da paralización da súa actividade no pasado mes de marzo.

Un dos compromisos do actual alcalde, Antonio Landeira e do seu equipo de goberno, era precisamente o de reiniciar o funcionamento da radio local, que se inaugurou fai unha década.

Na actualidade estánse a realizar as melloras oportunas para que se poida volver a emitir en condicións para toda a bisbarra. Por este motivo, os técnicos están traballando nos arranxos necesarios e o concello pretende que nun breve prazo de tempo se poida xa contar cunha programación diaria.

NO 107.5 FM

De momento, as emisións están en fase de probas para a capital municipal co obxetivo de estudiar posibles deficiencias e ata ampliar a cobertura.

Radio Xallas sintonízase no 107.5 da frecuencia modulada e durante as vindeiras semanas ofrecerá unha selección musical acompañada por promocións da propia canle.

“Para este goberno é fundamental fomentar a información cidadán, e a continuidade e a mellora da radio local é unha demanda dos veciños, a que imos a dar unha solución, tal é como foi o meu compromiso cando cheguei a alcaldía”, sinala Antonio Landeira.