981880075
Seleccionar página


Mozos participante no Erasmus Plus coas autoridades.

Os mozos europeos que participan na iniciativa “Un camino seguro, un futuro mejor”, promovido pola asociación San Pedro Terras de Xallas en colaboración co concello de Santa Comba, foron recibidos na Deputación provincial coruñesa.

Ao longo desta fin de semana percorrerán varios puntos da provincia. Este sábado estarán en Santa Comba, onde terán a ocasión de departir con mozos da zona dentro das súas iniciativas de sensibilización sobre os efectos negativos do binomio alcohol-conducción.
Dentro destas accións, enmarcadas no programa comunitario Erasmus Plus, os mozos procedentes de Italia, Inglaterra, Turquía, Romanía e Portugal, farán unha visita as instalacións de Protección Civil en Santa Comba(sobre as 19:30h), onde comprobarán o traballo e o material do servizo municipal de intervención rápida e recabarán información mediante conversas, fotografías e unha exposición en vídeo.